RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

Triplete deportivista nas finais da Copa AFAC

O Deportivo logró un triplete na Copa AFAC ao vencer con claridade no tres finais que se xogaron onte luns o Cadete A, Infantil A e Infantil B.

O Cadete A goleou (8-0) ao Imperator con tantos de Diego, Bicho (2), Gabi, Dani Igrexas (2), Daniel José e Miguel.
 
O conxunto branquiazul de José Luís Devesa formou con: Héctor, Dani Branco, Pablo, Anxo, Toni, Diego, Sánchez, Bicho, Gabi, Dani Igrexas e Daniel José. Tamén xogaron: Adrián, Héctor, Miguel, Sergio e Darío.
 
O Infantil A tamén se adxudicou o título cun cómodo triunfo ante a Vitoria (6-0), grazas aos goles de Quique, Alvaro (2), Marcote e Pochi (2).
 
Javi Lavandeira, que se despedía hoxe do banco deportivista, aliñou de inicio a: Rumbo, Sergio, Angel, Blas, Quique, Moure, Alberto, Jorge, Alvaro, Marcote e Pochi. Tamén xogou Jano.
 
Por fin, o Infantil B levantou a Copa AFAC na súa categoría ao derrotar ao San Cristóbal (6-0) con tantos de Rodrigo, Aarón, Alex, Iago, Adrián e dun futbolista rival en propia meta.
 
O técnico Juan Ignacio Subirán xogou con: Manu, Mauro, Anxo, Montes, Rodrigo, Aarón, Alex, Lavadores, Raúl, Iago e Adrián.Tamén xogaron: Tasende, Pedro, Gandoy e Juanjo.

A pasada semana, o Xuvenil B logrou o título desta categoría ante o Imperator (2-0) e o Alevín B caeu na final de fútbol sete pola mínima tamén ante o Imperator (0-1).