RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

Triunfo contundente do Xuvenil B e valioso empate do Cadete B ante un rival de superior categoría

O Xuvenil B e o Cadete B disputaron onte martes no Mundo do Fútbol partido de adestramento ante o Sarsfield (Segunda Autonómica) e a Vitoria A (División de Honra cadete) respectivamente. Houbo triunfo do Xuvenil B (3-0) e igualada do

O Xuvenil B adéstrase desde o pasado luns 29 de xullo con estes futbolistas, sen contar cos xogadores que están a proba: Jano, Samu, Brais Lema, Pablo Martí, Nico, Iñigo, Keko (procedente do Ural), Juan, Pedro Alvedro, Miguel Real, Marcos, Aaron e Javi Lorenzo.

A próxima cita será este venres 16 de agosto ás 20.00 horas no Mundo do Fútbol ante o Larín de Segunda Autonómica.


A pretemporada do equipo que prepara Fran Varela transcorre desta forma:

XUVENIL B 1 (Nico) - LUGO B 2
XUVENIL B 18 (Dani (3), Roi (3), Pedro (2), Tiago (2), Eros (2), Miguel Real, Javi Lorenzo (2), Brais, Nico e Íñigo) - BAIO (xuvenís) 1

XUVENIL B 3 (Íñigo, Tiago e Iago) - SARSFIELD (Segunda Autonómica) 0

XUVENIL B - LARÍN (Segunda Autonómica), o venres 16 de agosto ás 20.00 no Mundo do Fútbol


Pola súa banda, o Cadete B, vixente campión da liga Galega, iniciou a pretemporada o pasado 5 de agosto dirixido por Cándido, con estes futbolistas: Esteban, Sito, Martín (procedente do Conxo), Juanjo, Charly, Cupeiro, Nico, Diego (procedente do Conxo), Sanchez, Joel (procedente do Portuarios), Álvaro (procedente do Conxo), Antón, Pais, Boedo (procedente do Bergantiños), Manu Mosquera, Héctor, Leo, Rubén e Manu Ramos.

A pretemporada marcha así:

CADETE B 7 (Manu Ramos (3), Manu Mosquera (2), Joel e Sito) - CALASANCIO 0
CADETE B 2 (Boedo (2) e Mosquera) - VITORIA A (cadete) 2

CADETE B - CALASANZ (cadete), o martes 20 de agosto ás 11.00 no Mundo do Fútbol