RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Triunfo do Fabril FC Benxamín hoxe en liga despois de gañar onte un torneo en Vilagarcía

Un total de 6 equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido entre semana.

Hoxe martes 2, o Fabril FC Benxamín venceu (4-0) na Cidade Deportiva ao Atlético Arteixo en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo C3 do Torneo Delegación.

Ademais, os fabrilistas proclamáronse onte luns 1 de maio, día festivo, campións de VI edición do Torneo Pazo da Golpelleira en Vilagarcía de Arousa após impoñerse na final ao RC Celta.

O Cadete deportivista e o San Tirso SD Cadete da División de Honra xogaron onte luns os seus partidos de liga correspondentes á 28ª xornada que foron aprazados o pasado 1 de abril pola participación da selección galega sub-16 na Fase Final Ouro do Campionato de España.

O equipo branquiazul venceu en Fragoselo (Vigo) ao Coruxo FC (1-4) e está a un partido do título de liga; mentres que o San Tirso SD Cadete ao Viveiro CF (0-5) nos Municipal Marcos Gómez, resultado co que se instala na zona media da táboa.

E o xoves 4 hai dous partidos ás 19:00 en Abegondo con representación deportivista.

O Infantil recibe ao Ural Español CF na última xornada da Liga Galega. Os branquiazuis acabarán esta primeira parte da temporada na segunda posición, por detrás do RC Celta.

E o Fabril FC Alevín mídese ao Alevín A na Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría cadete
28ª xornada (xogado onte): CORUXO FC 1 - CADETE 4 (Rubén -2-, Lucas e Xián)

28ª xornada (xogado onte): VIVEIRO CF 0 - SAN TIRSO SD CADETE 5 (Álvaro Rioboo, Jairo, Miguel de Labra -2- e Abel)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 94 puntos; 2. RC Celta, 82 puntos... 11. San Tirso SD Cadete, 45 puntos; 12. CD Areosa, 44 puntos...

Categoría infantil
30ª xornada (última): INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o xoves 4 de maio ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 82 puntos; 2. Infantil, 72 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 65 puntos... 6. Ural Español CF, 49 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ALEVÍN A, o xoves 4 ás 19:00 horas en Abegondo
Clasificación da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 9 puntos; 3. Ural Español CF, 4 puntos; 4. Atlético San Pedro, 1 punto

Categoría benxamín
3ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Leo Lorenzo -2- e Mateo Songo'o -2-) - ATLÉTICO ARTEIXO 0
Clasificación do Torneo Delegación, subgrupo C3: 1. Fabril FC Benxamín (un partido máis), 12 puntos; 2. San Tirso SD, 5 puntos; 3. Oza Juvenil SD, 4 puntos; 4. Atlético Arteixo (un partido máis), 0 puntos

VI edición do Torneo Pazo da Golpelleira, en Vilagarcía
Luns 1 de maio
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - CD LALÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Alberto Novo -4-, Saúl Cancela, Álex Casado, Leo Lorenzo, Adrián Liñares e Breogán Díaz) - CORDEIRO CF 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Saúl Cancela) - VILLALONGA FC 0
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Adrián Liñares e Álex Casado) - AROSA SC 0
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (John Goodnews) - CIOS VIGO 0
Final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - RC CELTA 2. A penaltis: 3-2