RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Triunfo do San Tirso SD Cadete como preámbulo dunha emocionante fin de semana en #ANOSACANTEIRA

O triunfo en Abegondo (4-0) do San Tirso SD Cadete, case definitivo na loita pola salvación, ante o ED Xuventude de Oroso abriu a fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Os 'verdes' chegaban ao choque coa moral polas nubes despois de derrotar ao Dépor na Cidade Deportiva na primeira derrota dos branquiazuis esta temporada. E non volveron fallar esta vez ante o ED Xuventude de Oroso.

Ademais, esta tarde o Benxamín A comezou con dous triunfos nos seus dous primeiros partidos a súa participación na Tres Cantos Cup, na localidade madrileña que dá o nome ao torneo.

En canto ao resto de categorías, #ANOSACANTEIRA celebra o ascenso do Fabril a Segunda Federación despois de proclamarse campión de Terceira o pasado domingo. Os xogadores que dirixe Óscar Gilsanz, que xa acabaron a competición, gozan duns días libres antes de retomar os adestramentos en Abegondo a próxima semana.

Mañá sábado 29 de abril a atención está centrada na visita do Deportivo ABANCA B ao CD Romanón, a partir das 19:00 en Pola de Siero.

As branquiazuis marchan á zaga do líder Sporting de Gijón con 3 partidos por diante para o final de liga. Kevin Cabado citou ás seguintes xogadoras: Nuria Gómez, Reigosa, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Celia, María Calvo, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati, Laura Otero e Noela; ademais de Uxía López, xuvenil do Orzán SD; e Elena Vázquez, Abril Pazos, Lucía Rivas e Macarena González, todas elas cadetes do Orzán SD. O Comité de Competición confirmou onte xoves o triunfo do filial deportivista sobre o CD Parquesol B correspondente á 27ª xornada, que foi suspendido a pasada fin de semana no minuto 60 porque as valisoletanas, que xa comezaron o partido con só 9 xogadoras, quedaron con 6 futbolistas sobre o céspede, menos do que permite o regulamento. Así pois, a Federación deu por concluído o choque co resultado do marcador nese momento: 14-0.

En Abegondo unicamente xogarase un partido, o do Xuvenil B na liga Nacional, que recibe (12:30) ao Porriño Industrial FC.

Tamén xogan como locais o Orzán SD Cadete Feminino ante o Colexio Obradoiro (10:00, San Pedro de Visma 1) na Fase polo Título da liga Galega cadete; ademais do Alevín A ante o Atlético San Pedro (09:30, A Torre) na Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8.

Fóra de casa competirán o Cadete, líder da División de Honra, en Pontevedra (10:00, campo Manolo Barreiro 1); o Infantil ante o RC Celta en #ONOSODERBI da División de Honra (12:30, A Madroa); o San Tirso SD Infantil en Vigo ante o UD Santa Mariña (12:00, Cotogrande); o Orzán SD Infantil Feminino en Mos (11:00) na loita polo título galego da categoría; e o Fabril FC Benxamín en O Monte ante o San Tirso SD (12:30) no subgrupo C3 do Torneo Delegación.

Para o domingo queda a visita do Xuvenil A a o Real Racing Club (12:00, Santa Cruz de Bezana). Os branquiazuis necesitan gañar e esperar unha picada do RC Celta, que avantaxa en 5 puntos aos coruñeses con 6 puntos en xogo. Ademais, o Sporting de Gijón, con 2 puntos menos que os de Manuel Pablo, aperta na loita pola 2ª praza.

Completan a xornada a visita do Orzán SD Xuvenil Feminino ao SD O Val (12:00, Sinde B) na Primeira Autonómica; e o partido do Orzán SD Cadete B Feminino na Torre (16:00) ante o CD Obrero no subgrupo 1º da Segunda Autonómica.

Dous equipos xa competiron entre semana. O martes 25 de abril o Alevín venceu (8-0) en Abegondo ao SRD Portuarios en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. O conxunto de Alberto Suárez lidera o subgrupo con 24 puntos de 24 posibles. Neste equipo, os xogadores Thiago Montes, Antón Vilariño e Iker Obeso, que onte xoves participaron nun adestramento coa selección galega sub-12 no campo da Braña en Rois, disputarán a fin de semana no Campionato de España de seleccións autonómicas. Os rivais de Galicia mañá sábado 29 serán Madrid (09:30), A Rioxa (11:40) e Aragón (18:00); e o domingo 30 Estremadura (10:35).

E o mércores 26, tamén na Cidade Deportiva, o Fabril FC Alevín gañou (2-0) ao Ural Español CF, con dobrete de Iván Gil, na 3ª xornada da Fase polo Título de Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8. Os fabrilistas, cos 3 puntos arrastrados da Primeira Fase, igualan na 1ª posición do subgrupo con 9 puntos ao Alevín A branquiazul, aínda que este xoga o seu partido mañá sábado.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
Clasificación final: 1. Fabril, 61 puntos; 2. Arosa SC, 58 puntos; 3. Rápido de Bouzas, 56 puntos...

Categoría feminina
28ª xornada: CD ROMANÓN - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 29 de abril ás 19:00 no campo do Bayu (Pola de Siero)
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Sporting de Gijón, 69 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 68 puntos; 3. Real Avilés CF, 61 puntos... 14. CD Romanón, 18 puntos...

28ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 30 de abril ás 12:00 en Sinde B (Narón)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 67 puntos; 2. CD Lugo, 61 puntos; 3. Orzán SD Xuvenil Feminino, 60 puntos; 4. Bergantiños CF, 55 puntos; 5. Victoria FC B, 48 puntos... 12. SD O Val, 27 puntos...

24ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - CD OBRERO, o domingo 30 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Atlético San Pedro, 56 puntos; 2. Orzán SD Cadete B Feminino, 55 puntos; 3. Unión Campestre FC (un partido máis), 48 puntos... 13. CD Obrero, 1 punto

5ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - COLEXIO OBRADOIRO, o sábado 29 de abril ás 10:00 en San Pedro de Visma 1
Clasificación da Fase polo Título da liga Galega: 1. Orzán SD Cadete Feminino e Victoria CF, 10 puntos; 3. UD Mos, 9 puntos; 4. Umia CF, 6 puntos; 5. Viaxes InterRías FF e Colexio Obradoiro, 4 puntos...

7ª xornada: UD MOS - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, o sábado 29 de abril ás 11:00 nas Baloutas (Mos)
Clasificación da Fase polo Título da liga Galega: 1. UD Mos, 15 puntos; 2. SCD Pastoriza, 10 puntos; 3. Victoria FC e Atlético Arousana, 7 puntos; 5. Orzán SD Infantil Feminino, 6 puntos; 6. EFF Rosalía, 4 puntos

Categoría xuvenil
29ª xornada: REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 30 de abril ás 12:00 no Municipal de Bezana (Santa Cruz de Bezana, Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 69 puntos; 2. Xuvenil A, 64 puntos; 3. Sporting de Gijón, 62 puntos; 4. Real Oviedo e Real Racing Club, 51 puntos...

30ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL FC, o sábado 29 de abril ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 67 puntos; 2. Xuvenil B, 63 puntos; 3. CD Choco, 57 puntos... 15. Porriño Industrial FC, 29 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: PONTEVEDRA CF - CADETE, o sábado 29 de abril ás 10:00 no campo Manolo Barreiro 1 (Pontevedra)

33ª xornada (xogado hoxe): SAN TIRSO SD CADETE 4 (Jairo -2-, Mosquera e Leandro) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (un partido menos), 88 puntos; 2. RC Celta, 79 puntos... 11. San Tirso SD Cadete, 42 puntos...19. Pontevedra CF, 18 puntos...

Categoría infantil
29ª xornada: RC CELTA - INFANTIL, o sábado 29 de abril ás 12:30 na Madroa (Vigo)

29ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 29 de abril ás 12:00 en Cotogrande (Vigo)

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 79 puntos; 2. Infantil, 72 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 64 puntos... 8. San Tirso SD Infantil, 32 puntos... 11. UD Santa Mariña, 28 puntos...

Categoría alevín
9ª xornada (xogado o pasado martes): ALEVÍN 8 (Leo Sánchez -2-, Íker Obeso -2-, Mario González, Manu Alcázar, Nico Torres e Javi Barral) - SRD PORTUARIOS 0
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín, 24 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 21 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz, 16 puntos...

3ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO SAN PEDRO, o sábado 29 de abril ás 9:30 na Torre (campo 1.1)

3ª xornada (xogado o pasado mércores): FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iván Gil -2-) - URAL ESPAÑOL CF 0

Clasificación da Fase polo Título da Primeira A Coruña - As Mariñas de fútbol 8: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis) e Alevín A, 9 puntos; 3. Ural Español CF (un partido máis), 4 puntos; 4. Atlético San Pedro, 1 punto

Categoría benxamín
Tres Cantos Cup
Primeira Fase
Venres 28 de abril
RC CELTA 1 - BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva -2-)
GROWITH ACADEMY 0 - BENXAMÍN A 9 (Miguel Candal -4-, Nacho Villanueva -4- e Hugo Bujía)

Sábado 29 de abril
10:20: BENXAMÍN A - CDF TRES CANTOS, no campo da Doce - A

Segundo clasificación, os equipos pasarán a continuación a unha segunda fase.

2ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 29 de abril ás 12:30 en O Monte (San Tirso)

Clasificación do Torneo Delegación, subgrupo C3: 1. Fabril FC Benxamín, 6 puntos; 2. San Tirso SD, 5 puntos; 3. Oza Juvenil SD, 1 punto; 4. Atlético Arteixo, 0 puntos