Uns 1.500 afeccionados animaron ao primeiro equipo esta tarde en Riazor
Uns 1.500 deportivistas animaron aos xogadores branquiazuis esta tarde desde a bancada de Maratón Inferior de Riazor, a pouco más de 48 horas do derbi ante o RC Celta (sábado 21 de novembro, 22.05, TVE-1).
A sesión deseñada por Víctor Sánchez do Amo foi de traballo táctico, a porta pechada, e un torneo de partidos en espazo reducido, co persoal dividido en tres equipos, xa cos afeccionados coreando aos futbolistas.
Luís Alberto e Juan Domínguez, ademais de Celso Borges, adestráronse á marxe do grupo.
Mañá haberá unha nova sesión de adestramento, en Abegondo a porta pechada, a partir das 10.30 horas.
O plan de traballo semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é o seguinte:
Venres 20 de novembro
11.00: Adestramento en Abegondo, a porta pechada
Sábado 21 de novembro
11.00: Adestramento en Riazor para os futbolistas convocados, a porta pechada