O San Tirso SD Cadete sumou un valioso punto (1-1) na súa visita ao Pabellón Ourense CF, en partido correspondente á 4ª xornada na División de Honra.
Adiantáronse os ourensáns aos 5 minutos de xogo pero os 'verdes' conseguiron igualar grazas a un tanto ourensanista en propia meta.
Con este marcador, o equipo de Kata Sicardi suma 4 puntos e afiánzase na zona tépeda da clasificación.
San Tirso SD Cadete: Antón Roura, Sergio, Adrián, Ander, Trigo, Mauro, Guille, Sabino, Pablo Crespo, Samba e Héctor. Tamén xogaron: Diego, Joaquín, Antón Sánchez, Casuso e Nico.
A próxima fin de semana toca partido de novo lonxe de Abegondo, concretamente na Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF. Antes, Gael, Mauro e Samba están convocados pola selección galega sub-16 para un amigable no Municipal da Estrada o martes 3 de outubro ás 20:15 ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil.
Os resultados até a data do San Tirso SD Cadete son os seguintes:
San Tirso SD Cadete 1 (Gael) - CD Areosa 2 Victoria CF 0 - San Tirso SD Cadete 2 (Pablo e Gael) San Tirso SD Cadete 0 - ED Xuventude de Oroso 1 Pabellón Ourense CF 1 - San Tirso SD Cadete 1 (un futbolista rival en propia meta)