RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Viaxa coa Federación de Penas a Bilbao

A Federación de Peñas do Deportivo organiza unha viaxe a Bilbao para animar ao equipo en San Mamés, no partido de Liga do próximo 25 de novembro ás 17.00 horas.

Hai dúas viaxes opcionais:

Opción 1: Saída o mesmo domingo 25 de novembro ás 6 .00 e regreso ao finalizar o partido. O prezo é de 75 euros (penas federadas) e 80 euros (público en xeral), e inclúe autocar e entrada.

Opción 2: Saída o sábado 24 de novembro ás 8.00 e regreso ao finalizar o partido. O prezo é de 110 euros (penas federadas) e 120 euros (público), e inclúe entrada, autocar e hotel.
Os interesados deberán porse en contacto coa Federación de Penas, no teléfono 698145210

A data limite de inscrición fixada é o martes 20 de novembro.