Maratón de partidos entre semana en ANOSACANTEIRA.
O Alevín (na foto principal da noticia) impúxose este martes 17 de marzo ao Ural Español CF (1-2) en partido correspondente á 4ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.
Mateo Songo'o e Enzo Fernández foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este resultado, o conxunto deportivista lidera o grupo norte con 12 puntos de 12 posibles.
Este mércores 18 de marzo teñen cita os dous equipos cadetes, ás 17:15, en choque correspondente á 23ª xornada.
Os branquiazuis lideran a táboa e os 'verdes' son terceiros.
Ao concluír este encontro, ás 19:30, arrincará o Infantil - Ural Español CF da División de Honra tamén adiantado ao fin de semana.
O xoves 19, día festivo, compiten 5 equipos.
O San Tirso SD Infantil recibe ao Pabellón Ourense CF (12:30 no Monte), o Alevín ao Sporting Meicende (9:30 na Torre), o Fabril FC Alevín á SD Acea de Ama (11:30 na Torre), o Benxamín A ao Silva SD (10:30 na Torre) e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (9.30 na Torre).
Xa a fin de semana, o sábado 21 destaca o partido do Xuvenil A, que se mide no Dépor Training Center ás 16:30 á SD Compostela.
Os de Miguel Figueira, despois da súa gran actuación en Copa, colideran a División de Honra co RC Celta.
Repiten partido o Alevín A ante o UDJ Almeiras (11:00 en Os Loureiros), o Fabril FC Alevín ante o Victoria CF (9:00 na Torre) e o Benxamín A en Carral (18:00 horas).
O domingo 22 de marzo xoga o líder da Segunda Federación, o Fabril.
Recibe ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias ao CD Lealtad de Villaviciosa.
Os fabrilistas, pese ao valioso empate da pasada fin de semana en Segovia, avantaxan xa en 2 puntos ao Oviedo Vetusta, que caeu en casa ante o Real Ávila CF.
Pola súa banda, os asturianos, con 24 puntos, son penúltimos na táboa.
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras per oassocias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade.
O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Completan a xornada do domingo o partido do Xuvenil B en Pontevedra (campo Manolo Barreiro) ante o AJ Lérez (12:00 horas) e o do Alevín no Dépor Training Center ante o Victoria CF (11:00) correspondente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Finalmente, o Fabril FC Benxamín compite esta fin de semana na Turia Cup en Valencia.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
28ª xornada: FABRIL - CD LEALTAD DE VILLAVICIOSA, o domingo 22 de marzo ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Fabril, 54 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 52 puntos... 17. CD Lealtad de Villaviciosa, 24 puntos...
Categoría xuvenil
25ª xornada: XUVENIL A - SD COMPOSTELA, o sábado 21 de marzo ás 16:30 no Dépor Training Center
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A e RC Celta (un partido menos), 57 puntos; 3. Sporting de Gijón (un partido menos), 47 puntos... 11. SD Compostela, 27 puntos...
27ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 22 de marzo ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B (un partido menos), 73 puntos; 2. Xuvenil B, 62 puntos; 3. (un partido menos), CD Choco, 51 puntos... 18. AJ Lérez, 10 puntos
Categoría cadete
23ª xornada: CADETE - SAN TIRSO SD CADETE, este mércores 18 de marzo ás 17:15 no Dépor Training Center
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 59 puntos; 2. RC Celta, 58 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 39 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 36 puntos...
Categoría infantil
23ª xornada: INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o mércores 18 de marzo ás 19:30 no Dépor Training Center
23ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o xoves 19 de marzo ás 12:30 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 63 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 57 puntos... 6. CD Conxo Santiago, 33 puntos; 7. San Tirso SD Infantil, 32 puntos; 8. Ural Español CF, 30 puntos... 13. Pabellón Ourense CF, 16 puntos...
Categoría alevín
4ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 1 - ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández)
5ª xornada: ALEVÍN - VICTORIA CF, o domingo 22 de marzo ás 11:00 no Dépor Training Center
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 12 puntos; 2. Victoria CF, CD Lugo e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos...
24ª xornada: ALEVÍN A - SPORTING MEICENDE, o xoves 19 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 2.2)
25ª xornada: UDJ ALMEIRAS - ALEVÍN A, o sábado 21 de marzo ás 11:00 no campo de Os Loureiros (Almeiras)
24ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SD ACEA DE AMA, o xoves 19 de marzo ás 11:30 na Torre (campo 2.1)
25ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 21 de marzo ás 9:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Alevín A (un partido menos), 64 puntos; 2. Victoria CF, 61 puntos; 3. Fabril FC Alevín (un partido menos), 60 puntos... 8. SD Acea de Ama (un partido menos), 34 puntos... 16. Sporting Meicende (un partido menos), 4 puntos
Categoría benxamín
24ª xornada: BENXAMÍN A - SILVA SD, o xoves 19 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
24ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - SADA CF, o xoves 19 de marzo ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
25ª xornada: UD CARRAL - BENXAMÍN A, o sábado 21 de marzo ás 18:00 no Municipal Rodríguez Ans (Carral)
25ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o martes 24 de marzo ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
Clasificación da Primera Futgal A Coruña: 1. Benxamín A, 69 puntos; 2. CD Calasanz, 62 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz, 53 puntos; 4. Fabril FC Benxamín, 51 puntos; 5. Ural Español CF, 49 puntos... 8. Sada CF, 32 puntos... 14. Silva SD, 15 puntos...
Turia Cup Valencia 2026
Primera Fase
Venres 20 de marzo
16:30: PAPOFUT - FABRIL FC BENXAMÍN, en Mas Camarena
21:00: CD CASTELLÓN - FABRIL FC BENXAMÍN, en Mas Camarena
Sábado 21 de marzo
15:00: CLUB COSTA CITY - FABRIL FC BENXAMÍN, en Beniferri
16:30: SP BENISSANÓ - FABRIL FC BENXAMÍN, en Beniferri
18:00: RAYO VALLECANO - FABRIL FC BENXAMÍN, en Beniferri
19:15: CD MAS CAMARENA - FABRIL FC BENXAMÍN, en Beniferri
En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, xa o domingo 22 de marzo
