RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Victoria fabrilista no único amigable do día en ANOSACANTEIRA, que encara unha fin de semana chea de partidos

Hoxe xoves disputouse un único amigable en ANOSACANTEIRA con protagonismo para o Fabril, que superou (3-1) ao CD Estradense de Tercera RFEF en Abegondo con goles de Matías Castillo -2- e Kevin.

Óscar Gilsanz non puido contar cos futbolistas que a día de hoxe adéstranse co primeiro equipo como o caso de Mella, Martín Ochoa, Barba, Diego Gómez e Jairo.

Con este panorama, o filial tirou de xuvenís, con protagonismo para Manu Berrocal, Mardones, Carreira, Hugo, Álex Delgado e Kevin.

Así mesmo, onte mércores houbo festival de goles nos 2 partidos disputados na Cidade Deportiva: 5-5 entre o Cadete e o Ural Español CF de categoría xuvenil; e 8-0 para a Infantil fronte ao Bertamiráns FC.

Antes, pola mañá no Monte, o San Tirso SD Cadete dobregou ao Ural Español CF A con gol de Héctor aos 7 minutos de partido.

O pasado martes, o empate (0-0) do Xuvenil B en Cambre ante o conxunto anfitrión de Primera Autonómica serviu para arrincar unha nova semana de pretemporada con dobre cita, ademais do Fabril, que tamén se mide o sábado (11:30) á SD Compostela; para o Deportivo ABANCA B, que xogará na Coruña o Memorial Moncho Rivera e o Memorial Faraldo; o Cadete, que visita o sábado ao Galicia Caranza en Ferrol; e o Infantil, que se enfronta tamén ao CD Calasanz cadete o sábado.

Así mesmo, o Xuvenil A, que a pasada fin de semana logrou con brillantez a Sinde's Cup de Narón ao imporse (5-1) na final ao RC Celta, enfróntase o sábado ao AD Miño de Preferente Autonómica.

Finalmente hai torneo amigable en Vigo, a MS2 Cup, para 3 equipos de #ANOSACANTEIRA: Xuvenil B, San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil; e o Memorial Faraldo tamén para Orzán SD Xuvenil Feminino (na foto da  noticia), Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil A Feminino e Orzán SD Infantil B Feminino.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminino

Memorial Moncho Rivera: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 26 de agosto ás 12:00 na Grela
Memorial Faraldo: DEPORTIVO ABANCA B - GIJÓN FF, o domingo 27 ás 12:00 na Torre

Memorial Faraldo: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - SPORTING CAMBRE, o domingo 27 ás 10:00 na Torre

Memorial Faraldo: ORZÁN SD CADETE FEMININO - NOIA CF, o domingo 27 ás 10:00 na Torre

Memorial Faraldo: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO A - SD PONFERRADINA, o domingo 27 ás 12:00 na Torre

Memorial Faraldo: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO B - NOIA CF, o domingo 27 ás 10:00 na Torre

Segunda Federación
FABRIL 3 (Matías Castillo -2- e Kevin) - CD ESTRADENSE 1
FABRIL - SD COMPOSTELA, o sábado 26 de agosto ás 11:30 en Abegondo

Categoría xuvenil
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 26 de agosto ás 19:00 no Municipal de Gallamonde (Miño)

Martes 22: SPORTING CAMBRE (Primeira Autonómica) 0 - XUVENIL B 0
MS2 Cup en Vigo
Domingo 27 de agosto
Primeira Fase
10:40: PABELLÓN OURENSE CF - XUVENIL B, no campo José Costas
13:10: XUVENIL B - CVC VALLADARES, no campo José Costas
14:50: XUVENIL B - GRAN PENA, na Madroa (campo 1)
Os 2 primeiros pasan a cuartos de final e o 3º do grupo xogará unha Fase de Prata, todo iso a partir das 16:30 horas

Categoría cadete
Onte mércores: CADETE 5 (Miguel de Labra, Diego -2-, Xabi Campos e Lucas) - URAL ESPAÑOL CF (xuvenil) 5
GALICIA CARANZA (xuvenil) - CADETE, o sábado 26 de agosto ás 10:15 no Municipal de Caranza (Ferrol)

Onte mércores: SAN TIRSO SD CADETE 1 (Héctor) - URAL ESPAÑOL CF A 0
MS2 Cup en Vigo
Sábado 26 de agosto
10:40: SAN TIRSO SD CADETE - SALGUEIRIÑOS CF, na Madroa (campo 2)
12:20: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, no campo José Costas
17:20: FURSAN FC - SAN TIRSO SD CADETE, no campo José Costas
O primeiro de grupo xogará as semifinais e o 2º, unha Fase de Prata.

Categoría infantil
Onte mércores: INFANTIL 8 (Picallo -3-, Dani, Sergio, Roade, Pablo e Raúl) - BERTAMIRÁNS CF 0
INFANTIL - CD CALASANZ (cadete), o sábado 26 de agosto ás 10:00 en Abegondo (campo 6)

MS2 Cup, en Vigo
Sábado 26 de agosto
11:30: FC PORTO - SAN TIRSO SD INFANTIL, na Madroa (campo 1)
14:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - REAL VALLADOLID (campo José Costas)
18:10: SAN TIRSO SD INFANTIL - UD SANTA MARIÑA na Madroa (campo 2)

Os dous primeiros pasan ás semifinais e os outros dous disputarán unha Fase de Prata; todo iso o domingo a partir das 9:50