Xuvenil A en Paiosaco e Cadete en Arteixo abriron hoxe martes esta semana de amigables en #ANOSACANTEIRA
Dous partidos amigables esta tarde serviron de inicio para unha esta nova semana de pretemporada en #ANOSACANTEIRA.
O Xuvenil A impúxose (0-4) na Porta Santa ao UD Paiosaco H. Añón, mentres que o Cadete igualou (3-3) en Ponte dos Brozos co Atlético Arteixo de categoría xuvenil.
Ademais, o Fabril de Segunda Federación ten dobre cita de preparación, mañá mércores 9 de agosto en Arteixo (19:30) ante o conxunto anfitrión de Tercera RFEF e o sábado 12 no campo da Magdalena de Vilalba (11:30) ante un Racing de Segunda Federación.
Os fabrilistas non coñecen a derrota nos seus 4 amigables disputados até o momento.
Óscar Gilsanz non poderá contar cos futbolistas que Imanol Idiakez levou hoxe martes a Coruxo: Jairo, Álvaro Santamaría, Martín Ochoa, Brais Val, Tim e Fernando Somolinos; ademáis de Matías Castillo, mancado.
Por outra banda, estréase en pretemporada o Deportivo ABANCA B, que se enfronta o sábado 12 en Luarca ao Real Avilés CF, un equipo do seu mesma liga.
Xuvenil B e San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia), equipo que hoxe comezou a pretemporada, tamén afrontan esta semana test amigables.
O calendario, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
REAL AVILÉS FEMININO - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 12 de agosto ás 18:00 no campo da Veigona (Luarca)
Segunda Federación
ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, mañá mércores 9 de agosto ás 19:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
RACING VILLALBÉS - FABRIL, o sábado 12 de agosto ás 11:30 no campo da Magdalena (Vilalba)
Categoría xuvenil
UD PAIOSACO H. AÑÓN (Tercera RFEF) 0 - XUVENIL A 4 (Zoe, José Rey, Ayman e Rubén)
XUVENIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (Preferente Autonómica), o venres 10 de agosto ás 19:00 en Abegondo
I Memorial David Eiroa, no campo de O Redondo (Perillo, Oleiros)
Sábado 12 de agosto
17:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL B
18:30: CD CALASANZ - XUVENIL B
Categoría cadete
ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 3 - CADETE 3 (Trillo, Miguel de Labra e Lucas)
CADETE - BERTAMIRÁNS CF, o sábado 12 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
XV Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal)
Sábado 12 de agosto
Primeira Fase
11:00: SAN TIRSO SD CADETE - VITÓRIA SC
18:00: BENFICA SL - SAN TIRSO SD CADETE
O primeiro de grupo pasará á final e o segundo disputará a final de consolación, todo iso o domingo 13 de agosto