RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Xuvenil B e Infantil xóganse mañá domingo o título que hoxe logrou o Orzán SD Cadete Feminino

Mañá domingo ás 12:00 xóganse dous choques decisivos en #ANOSACANTEIRA.

O Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Conxo Santiago na última xornada da liga Nacional. Os branquiazuis avantaxan en 2 puntos e o golaverage na cabeza da táboa ao RC Celta B, que á súa vez visita ao Porriño Industrial FC.

E o Dépor dispútase co RC Celta, no campo de Burgáns (Cambados), o título da División de Honra infantil, a partido único.

Ademais, o Cadete, xa campión da División de Honra, visita ao Rápido de Bouzas.

Finalizadas as competicións de fútbol 8, seguen os torneos amigables para alevíns e benxamíns en Ribadumia coa Arousa Fútbol 7 e en Xenebra. Hoxe sábado na Estrada o Fabril FC Benxamín acabou en cuarta posición despois de completar unha gran xornada, só superados polo Sporting de Gijón na final de consolación e antes polo RC Celta na quenda de penaltis das semifinais.

Ademais, unha selección de prebenxamíns do Dépor, de cara a formar o Fabril FC Benxamín da próxima temporada, participa mañá domingo 28 nun torneo organizado polo Sada CF no campo das Mariñas - Andrés Pena.

Hoxe sábado, a atención de #ANOSACANTEIRA estivo centrada no partido de volta da final polo título galego cadete entre o Orzán SD Cadete Feminino (na foto superior) e o UD Mos. Na ida nas Baloutas as orzanistas venceron claramente (1-5) e na volta na Coruña volveron gañar (4-0), co que se proclamaron campioas galegas.

E en Pastoriza, o Orzán SD Infantil Feminino impúxose (0-3) ao cadro arteixán e concluíu a Fase polo Título con boas sensacións.

Un partido disputouse onte venres en #ANOSACANTEIRA: o San Tirso SD Cadete, xa co obxectivo cumprido na División de Honra, freou (1-1) ao Arosa SC en Meis.

A maiores, dous equipos tiveron competición oficial o pasado mércores 24 de maio e abriron así o calendario de partidos.

O Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (0-3) á UD Carral nos cuartos de final, a partido único, da I edición da Copa da Coruña feminina. As orzanistas apearon ao Brexo Lema SD (0-5) en oitavos de final e agora en semifinais o rival será en Frades o SE Abella SDEC.

E no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, o Alevín dobregou (10-0) en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz en partido adiantado á 13ª xornada (última), debido á participación do conxunto branquiazul na Arousa Fútbol 7. Con este resultado, o equipo de Alberto Suárez é campión do subgrupo norte e xogará a gran final do torneo ante o campión do subgrupo sur, o RC Celta, en data por decidir.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, cuartos de final (mércores 24): UD CARRAL 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)

Final polo Título da liga Galega cadete: ORZAN SD CADETE FEMININO 4 (Candela González, Ánxela Prado, Laura Santos e unha futbolista rival en propia meta) - UD MOS 0. Na ida: 1-5

Fase polo Título da liga Galega infantil, 10 xornada (última): SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO 3 (Naiara Fontenla e Sofía Rodríguez -2-)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 34ª xornada (última): XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
División de Honra, 37ª xornada (penúltima): RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE, o domingo 28 de maio ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Bouzas, Vigo)

División de Honra, 37 ª xornada (penúltima): AROUSA SC 1 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Janusz)

Categoría infantil
Final polo título da División de Honra: INFANTIL - RC CELTA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Burgáns (Cambados)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 13ª xornada (última, mércores 24): ALEVÍN 10 (Mario González -2-, Yael López -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Manu Alcázar, Nico Torres e Sergio Infante) - ED LUÍS CALVO SANZ 0

Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
Venres 26 de maio
ATLÉTICO DE MADRID 1 - ALEVÍN A 0

Sábado 27 de maio
ALEVÍN A 3 (David Ramos, Íker Obeso e Javi Barral) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0
ALEVÍN A 0 - VILLARREAL CF 0
SERVETTE FC GENEVE 1 - ALEVÍN A 3 (Antón Vilariño e Thiago Montes -2-)

Oitavos de final
ALEVÍN A 0 - FC PORTO 1

Domingo 28 de maio
Posición do 9 ao 12
12:20: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF

Meyrin Cup en Xenebra (Suíza)
Sábado 27 de maio
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David  Gómez) - MEYRIN FC '3' 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Martín López e Nacho Villanueva) - FC SION 0
ANNECY FC 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Hugo Macedo -2-, David Gómez -2-, Álvaro Gómez, Manu Alcázar e Manu Sande)

Segunda Fase
FABRIL FC ALEVÍN 1 (David Gómez) - STOKE CITY 1
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Álvaro Gómez) - FC GRAND SACONNEX 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David Gómez) - FC VEVERY UNITED 0

Domingo 28 de maio
09:50: FABRIL FC ALEVÍN - KICK FC

Categoría benxamín
VI Torneo Concello da Estrada, no Novo Campo Municipal da Estrada

Primeira Fase
Sábado 27 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Yago Prieto) - UD MOS 1
RAYO VALLECANO 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Mateo Songo'o)

Segunda Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Enzo Fernández, Andrés Valencia e Breogán Losada) - SPORTING BRAGA 1
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Enzo Fernández -2- e Jorge Víboras) - CD CONXO SANTIAGO 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Enzo Fernández e Leo Lorenzo) - VITORIA DE GUIMARAES 0

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Lorenzo) - RC CELTA 1. A penaltis: 6-7

Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING DE GIJÓN 3

Categoría prebenxamín
Torneo de Sada CF, no campo de fútbol das Mariñas - Andrés Pena (Sada)

Domingo 28 de agosto
Primeira Fase
11:00: SELECCIÓN RC DEPORTIVO - BETANZOS CF A
12:00: CD CALASANZ - SELECCIÓN RC DEPORTIVO
15:30: SELECCIÓN RC DEPORTIVO - SANTA CRUZ CF

Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:30