RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Xuvenil B, Valencia, Vitoria de Guimaraes e Athletic Club compiten nun torneo en Lugo

O Xuvenil B compartirá este fin de semana cartel coa Valencia, o Vitoria de Guimaraes e o Athletic Club nun Torneo Internacional que se celebra na localidade lucense de San Miguel de Reinante.

Así, este sábado, o equipo deportivista enfróntase ás 12.00 no campo das Vallas á Valencia nunha das semifinais. Vitoria de Guimaraes e Athletic Club xogarán a segunda.

Por outra banda, aproveitando o día festivo de mañá xoves 19 de marzo, haberá partidos en varias categorías para recuperar a xornada que se suspendeu no seu día en Galicia polo temporal. O calendario é o seguinte:


Segunda División B
Mariño de Luanco - Deportivo B, este sábado 21 de marzo ás 17.00 en Luanco
Clasificación: ... 16. Sporting de Xixón B, 31 puntos; 17. Deportivo B, 30 puntos; 18. Real Racing B, 30 puntos...

Categoría xuvenil
O Xuvenil A descansa este fin de semana
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 71 puntos; 2. Xuvenil A, 62 puntos; 3. Real Racing Club, 54 puntos...

Xuvenil C - Monterroso, este xoves 19 de marzo ás 12.00 no Mundo do Fútbol
Clasificación da liga Galega: 1. Xuvenil C, 56 puntos; 2. Bergantiños, 54 puntos; 3. Boiro, 49 puntos...

Categoría cadete
Montañeiros - Cadete A, este xoves 19 de marzo ás 12.00 na Leyma
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 63 puntos; 2. Celta, 54 puntos; 3. Montañeiros, 52 puntos...

Cadete B 2 - Lugo 0 (Liga Galega)

Categoría infantil

O Infantil A non ten competición este fin de semana
Clasificación da liga Galega: 1. Infantil A, 61 puntos; 2. Vitoria, 60 puntos; 3. Ural, 54 puntos...

Infantil B - Calasanz, este xoves 19 de marzo ás 12.00 en Elviña
Clasificación da liga Local: 1. Infantil B, 60 puntos; 2. Calasanz, 48 puntos; 3. Montañeiros B, 43 puntos...

Categoría alevín
Larín -  Alevín A, este xoves 19 de marzo ás 10.30
Clasificación da liga Comarcal de fútbol sete: 1. Alevín A, 55 puntos; 2. Orillamar, 42 puntos; 3. Ural, 42 puntos; 4. Vitoria, 42 puntos...

Alevín B - Orillamar B, este sábado ás 9.30 horas en La Torre
Clasificación da liga Local de fútbol sete: 1. Alevín B, 30 puntos; 2. Ural B, 27 puntos; 3. Imperator, 19 puntos...