RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Oficina de Atención al Deportivismo (OAD)

Image

A Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), é o punto de encontro entre o RC Deportivo e toda a súa afección. Nela aténdense de forma personalizada todas as suxestións, propostas e inquietudes dos seus accionistas, persoas socias e seguidoras en xeral. O obxectivo da OAD é asistir e contribuír con atención, dedicación e eficiencia cada Deportivista. En definitiva, unha proposta de valor diferencial centrada en achegar solucións e optimizar a atención de todos e cada un dos nosos afeccionados e afeccionadas.

DESPACHOS DE BILLETES OAD

Co obxectivo de mellorar a cobertura e a idoneidade do espazo dos despachos de billetes do Estadio ABANCA-RIAZOR, o Club dispón duns despachos de billetes modernos e funcionais situadas na avenida de La Habana para atender a cada Deportivista que o necesite durante a Campaña de Abonos e o resto do ano.

O horario da Oficina de Atención ao Deportivismo é de luns a venres de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas.

En caso de calquera suxestión, inquietude ou proposta pode contactar co RC Deportivo en:

atencion.deportivista@rcdeportivo.es

(+34) 981 259 500 ext. 1