RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL

Socio amigo

Image

SOCI@ AMIG@: Especialmente creado para persoas afeccionadas que residen fóra da Coruña. Poderán manter a antigüidade e asistir a un encontro de Primeira Federación (excluídos partidos de play off, cuartos de final ou semifinal de Copa do Rei), ademais de todos os partidos con libre acceso para persoas socias na Cidade Deportiva de Abegondo. O dereito de entrada a ABANCA-RIAZOR non leva obrigación de consumila, por tanto o Club non deberá repola en caso do seu non uso ao longo da temporada. A entrada debe solicitarse con antelación ao día de partido mandando un correo electrónico a atencion.deportivista@rcdeportivo.es, indicando a bancada desexada e achegando copia de DNI, sempre baixo a dispoñibilidade do momento no que se realice a solicitude. Prezo único do abono: 50 euros. 

 

NEN@ DÉPOR: Especialmente creado para Deportivistas recentemente nados, de 0-2 anos. Considérase Nen@ Dépor a todas aquelas persoas socias nadas despois do 01/01/2020 (inclusive). Poderán manter a antigüidade e asistir a todos os partidos de Primeira Federación ou da Copa do Rei (excluídos partidos de play off, cuartos de final ou semifinal de Copa do Rei) que se disputen no Estadio ABANCA-RIAZOR, ademais dos partidos con libre acceso para persoas socias na Cidade Deportiva de Abegondo. Para iso só terán que retirar a invitación de acceso o mesmo día de partido en presenza do NEN@Dépor en calquera das portas indicadas no mapa. Prezo do abono 25 euros. 

 

Faite Socio Amigo ou Nen@ Dépor aquí e agora

Descarga a APP RC Deportivo e ten el carné dixital ao instante no teu móbil