RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Torneos

Image

A Coruña sempre foi unha cidade pioneira no mundo do deporte. Como non, tamén o foi co fútbol, entre outras cousas, a través dos torneos estivais. O RC Deportivo, en colaboración con diversas institucións, organizou ata tres torneos de pretemporada, entre eles o decano do balompé mundial, o Trofeo Teresa Herrera, que comezou a disputarse en 1946. Máis tarde sumouse o Trofeo Conde de Fenosa, que aínda que tivo unha vida curta levou a Riazor algúns dos mellores xogadores do mundo dos anos 70. Por último, o Trofeo Juan Acuña, en homenaxe a un dos máis lendarios futbolistas da historia do Club, que chegou a disputarse ao longo de dúas décadas.

En todos eles quedou e queda patente a paixón polo fútbol dun pobo, o coruñés, que á parte de producir fantásticos xogadores sempre quixo gozar dos números un do planeta e puido e pode facelo, grazas a estes tres eventos, nun ambiente festivo e amigable que vai moito máis alá dunha competición deportiva.