Veteranos
A Asociación de Veteranos do Deportivo naceu no ano 1995, aínda que non foi até 2014, exactamente o 17 de marzo daquel ano, cando asina un convenio de colaboración co Club.
Presidida por Manuel Ríos Quintanilla "Manolete", xogador deportivista entre 1964 e 1972, a Asociación participa en actos benéficos por toda a xeografía galega, coa disputa de partidos cun equipo formado por ex xogadores branquiazuis, co obxecto de recadar fondos a favor de diferentes causas.
O seu equipo xogou o campionato nacional de Liga de Fútbol Indoor (competición disputada entre 2008 e 2014), inicialmente conformada por todos os clubs que se proclamaron algunha vez campións de Liga de Primeira División. Os ex futbolistas branquiazuis lograron senllos dobretes, conquistando a Liga e a Copa tanto en 2008 como en 2010.
- Ignacio García Vázquez, coordinador do fútbol base e directivo do RC Deportivo entre 1986 e 1988, faleceu aos 77 anos de idade#ANOSAHISTORIA
- O RC Deportivo recibiu en ABANCA-RIAZOR a Pauleta, campión de Liga como branquiazul en 2000#ANOSAHISTORIA
- Vegazo, extremo deportivista a mediados dos anos 50, faleceu aos 90 anos#ANOSAHISTORIA
- Celestino Ledo, xogador deportivista na temporada 1954-55, faleceu aos 89 anos#ANOSAHISTORIA
- Paco Lodeiro Barbeito, directivo deportivista entre 1982 e 1986, faleceu hoxe aos 85 anos#ANOSAHISTORIA
- A Asociación de Veteranos do RC Deportivo celebrou a súa cea anualVETERÁNS
- Os "Días DÉ" en ABANCA-RIAZOR renden tributo aos exfutbolistas do RC Deportivo#ANOSAFORZA
- O Deportivismo chora e honra a Arsenio IglesiasPORTADA
- Arsenio Iglesias, lenda do deportivismo, falece aos 92 anos#ANOSAHISTORIA
