A miña palabra agradecida hónrase máis agora ó ter a representación dos que me acompañan, os que recibimos do Goberno de Galicia un poderoso estÃÂmulo para seguir cada dÃÂa espallando pola rosa dos ventos a mensaxe de calidade, de constancia, de solidariedade tolerante que sempre caracterizou a este pobo no crepúsculo céltico. Velaàpois os fundamentos de educación na liberdade que "é o pan do espÃÂrito humano", como dirÃÂa o galego europeÃÂsta Don Salvador de Madariaga. E "a democracia non pasa de ser un sistema de reglas para salvaguardar a liberdade", entre todos, dende as casas, as parroquias, as bisbarras, cos que están e os que veñen... entre os diferentes universos dentro do universo. Sábeo ben esta Fisterra do Vello mundo que creou e afortalou os camiños de Europa, Galicia, con xente curtida nas aventuras e desventuras do camiño, no traballo, endurecida coma a madeira de buxo, dicÃÂa Camilo José Cela. Xente capaz de abrir portos e camiños guiados polas estrelas, simbolizados na cuncha, os que converxen e diverxen nun sartego de esperanza.
Agradecemos cada dÃÂa o milagre da vida, da amizade, de gozar dunha terra co tesouro da súa variedade e calidade en tódalas ordes, a que animou unha moi longa e brillante historia, aÃÂnda non de todo coñecida por pecharse en esperpentizadas barreiras de tópicos ou de enloitadas "negras sombras" ... e a pesar de todo aÃÂnda estes nosos confÃÂns seguen tendo a irresistible e máxica forza seductora... A confianza en nós mesmos é esa outra pedra angular dos acertos e do futuro.
Agradecidos por compartir un tempo de fondos adiantos, marcados polo poder da comunicación. Encontro tolerante na maxia da palabra e da lei, do sentido común, que en ocasións no labirinto dos arrevesamentos faise menos común, como sempre lembra o noso querido presidente don Manuel Fraga.
PaÃÂs este o noso, ben experimentado, sempre de portas abertas, noutrora saÃÂda de emigrantes, curtida na andaina dos camiños... para nesa universidade da vida, vivir agora o reverso e complemento da moeda, o reto da inmigración. A todo teremos pois sabio remedio recollido nunha ben sólida tradición, vinculando as ansias de imaxinación e creación que caracterizan os pobos sempiternamente mozos e como non, sumando igualmente as enriquecedoras relacións cun mundo que mostra máis ca nunca a súa grandeza e tamén as súas miserias.
Esta relucente medalla, que tanta significación ten para avivar o espÃÂrito e enriquecer as ilusións, fai medrar o noso compromiso cotián. Procuraremos sempre estar á altura da xenerosidade de Galicia. Entendo que na nosa tarefa en cada un dos eidos do progreso non debe faltar a vella impronta da solidariedade, á que, como un guieiro, nos leva a tradición e o espÃÂrito innovador, sen perder a conciencia das orixes, sen caer nas distancias da arrogancia e os triunfalismos, sen deixar de ser nós mesmos. Algo que entendemos se resume neste DÃÂa de Galicia, en definitiva, DÃÂa de Encontro, como o máis grande estadio que igualmente abrangue en irmandade, ideoloxÃÂas, razas, procedencias, condicións, culturas, éticas, estéticas, sentimentos diferentes de triunfos... os que, como os fracasos, deben ser solidariamente de todos e do noso tempo. Pero cada un de nós igual que os deportistas diante dun reto oun dun encontro dando todo, para ser recoñecidos pola individualidade, diferentes pero sempre unidos. Detrás e diante das metas sempre hai outras metas, sabendo que nese cÃÂrculo despois de todo o Calvario sempre hai unha Pascua Florida.
Medalla pois para compartir e unir, para seguir ese "Camiño adiante" que poetizarÃÂa don Ramón Cabanillas.
Novamente gracias, Señor Presidente, señores conselleiros. Gracias a todos en nome de todos. Gracias a toda Galicia.
Discurso de Augusto César Lendoiro, presidente do Real Club Deportivo de La Coruña, no acto de entrega das Medallas de Galicia 2002 en representación de todos os galardonados.
Santiago, 25 de xullo de 2002
