
DÉPOR FABRIL · 5 MAYO 2026
NOÉ CARRILLO RENUEVA POR EL RC DEPORTIVO HASTA 2029
Noé Carrillo Collazo (Teo, 28 de diciembre de 2006) asinou a súa renovación no Dépor ata xuño de 2029, con outra tempada máis opcional.Este centrocampista ofensivo con ficha do Fabril pero en dinámica do primeiro equipo neste treito final de LaLiga Hypermotion, chegou ao Infantil B de ANOSACANTEIRA na tempada 2019-20 procedente do CD Conxo Santiago.Na temporada 2023-24 proclamouse campión da División de Honra co Juvenil A e esta campaña 2025-26 foi campión de Segunda Federación co Fabril, co que xogou 22 partidos, 20 deles como titular, e anotou dos goles.Noé debutou co primeiro equipo o pasado 16 de decembro en Copa del Rey ante o RCD Mallorca en ABANCA-RIAZOR. Anotou o gol do triunfo deportivista co que Os Nosos se clasificaron para os oitavos de final.En liga, o futbolista santiagués estreouse ás órdenes de Antonio Hidalgo o 17 de xaneiro en Almería. Participou esta campaña en 3 partidos e marcou o tanto decisivo o pasado venres 1 de maio en ABANCA-RIAZOR ante o CD Leganés.Noé Carrillo é un dos canteiráns que esta tempada se estrearon co Deportivo nunha lista na que tamén figuran Pablo García, Fabi, Samu, Damián Canedo e Bil.Antonio Hidalgo, nunha recente rolda de prensa, asegurou sobre el que "leva traballando moitísimo, sénteo moitísimo. Representa todos os valores que queremos no Club" ao tempo que apuntou que "está gañando o dereito a estar con nós".E Manuel Pablo afirmou que "medrou moito nos últimos anos" e "é unha alegría para ANOSACANTEIRA, para o primeiro equipo, para todos".

La gran familia de los DéporCampus pasa por Bertamiráns por d...

Germán Parreño amplía su vínculo con el Dépor hasta 2028

Resultados del sábado 6 de junio en ANOSACANTEIRA; y calendar...

El concello de Outes retoma su DéporCampus este 2026 con su 4...

Desde ABANCA-RIAZOR hasta Cuatro Caminos: así vivimos la cele...

Escudero, Cristian Herrera, 'Stoichkov', Mulattieri y Gragera...