RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Elena Vázquez xogará con España sub-17 a fase definitiva de clasificación para o Campionato de Europa

A canteirá deportivista Elena Vázquez foi convocada pola selección española sub-17 para disputar a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Esta fase xogarase en Serbia do 12 ao 18 de marzo.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

Elena incorporarase á concentración do equipo nacional na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) o luns 6 de marzo para, o venres 10, viaxar á localidade serbia de Stara Pazova.

O calendario da selección española é o seguinte:

Domingo 12 de marzo
11:00: ESPAÑA - BIELORRUSIA

Mércores 15 de marzo
14:00: SERBIA - ESPAÑA

Sábado 18 de marzo
14:00: ESPAÑA - DINAMARCA

Elena Vázquez acaba de xogar un amigable ante Estonia, celebrado o 8 de febreiro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A futbolista branquiazul arrancou o choque desde o banco e no transcurso do mesmo saltou ao terreo de xogo nun partido saldado con vitoria rotunda española: 12-0.

O pasado día 12 de xaneiro, tivo minutos noutro partido amigable da sub-17, resolto con goleada española fronte a Alemaña (4-0).

Finalmente, Elena Vázquez xogou en setembro de 2022 a Rolda 1 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría, na que logrou o billete para esta seguinte fase de marzo.

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse xa unha praza de titular no Dépor ABANCA B, líder da Primeira Nacional, e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA.