RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

2 de abril, Día Internacional do Autismo: #Llamémosloporsunombre

Como cada 2 de abril, hoxe celébrase o Día Internacional do Autismo, este ano baixo o lema: #Llamémosloporsunombre.

A campaña 2023 para a concienciación sobre esta condición ten como obxectivo a sensibilización e concienciación sobre o trastorno do espectro do autismo, pondo o foco en tres aspectos esenciais:

- A variabilidade que existe dentro do espectro.
- O recoñecemento social do autismo, reclamando aceptación, tolerancia e respecto, apartándose dos mitos e estigmas que aínda hoxe existen en torno ao autismo.
- O sentido de pertenza que reclama e reivindica unha boa parte do propio colectivo.

Súmate á campaña facendo o xesto de campaña, é dicir, compartindo en redes sociais unha foto co símbolo do infinito xunto aos hashtag #DíaMundialAutismo e #LlamémosloPorSuNombre.

Por ese motivo, familias que teñen membros con Autismo, da man das asociacións Aspanaes, Autismo Galicia e Fundación Erik Lövaas visitaron esta semana a Cidade Deportiva de Abegondo para visibilizar da man do RC Deportivo o seu traballo e esforzo.

Após a experiencia en Abegondo, as familias regresarán ás instalacións do Dépor para animar ao equipo no partido do próximo día 8 de abril contra o Fuenlabrada no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Ademais o RC Deportivo súmase á campaña difundindo un vídeo de concienciación para seguir colaborando a chamar polo seu nome e a visibilizar o autismo.

Deste xeito a Fundación RC Deportivo continúa co compromiso adquirido de aliñarse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da ONU, neste caso, concretamente, coa terceiro Saúde e Benestar: garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sustentable.