O Club totaliza a día de hoxe martes 22 de xullo un total de 16.829 abonados e abonadas de cara á temporada 2025-26.
As persoas abonadas da pasada temporada manterán a reserva do seu asento até o domingo 27 de xullo (por transferencia bancaria, até o xoves 24 de xullo ás 13:00 horas e online até o domingo 27 de xullo até as 23:59 horas).
A partir do luns 28 de xullo todas as localidades que non fosen renovadas serán liberadas para que as persoas socias poidan cambiar a súa localización ou asignar un novo asento. Os días de cambio de localidade e modalidade (de abono simpatizante a abono con localidade) serán do 30 de xullo ao 13 de agosto, exclusivamente para persoas socias da temporada pasada, sempre mediante cita previa en citaprevia.rcdeportivo.es.
Financiamento con ABANCA
O financiamento do abono da Temporada 2025/26 levará a cabo polas seguintes vías:
-Online, no momento de tramitar a renovación ou o alta online de cada un dos abonos (salvo aqueles abonos excluídos para a renovación ou alta online, como bancada de peñas, peñas).
-Presencial, exclusivamente durante o prazo marcado no calendario para a renovación ou alta presencial e con cita previa. Na renovación ou alta presencial o persoal da OAD entregaralle un documento cos datos e importe dos abonos que desexa financiar e posteriormente o titular terá que acudir con ese documento á oficina de ABANCA na rúa Juán Florez nº 88 da Coruña ou contactar co teléfono 690 63 46 82, para que lle tramiten o correspondente financiamento. Unha vez aceptada o financiamento por parte de ABANCA e comunicada a aprobación do financiamento da entidade bancaria ao Club, o persoal da OAD procederá a facer efectiva a súa renovación ou alta.
Poderán facelo en 3, 6, 10 ou 12 meses sen intereses, T.A.E. mínima 9,96% - T.A.E máxima 10,02%*, con só unha comisión cuxo custo se distribuirá entre as cotas do financiamento: 3 meses (1,6%), 6 meses (2,80%), 10 meses (4,45%) e 12 meses (5,25%).
Para isto non é necesario que a persoa socia sexa clienta de ABANCA e a operación debe formalizarse no momento de darse de alta ou renovar o abono na plataforma online do RC Deportivo: www.rcdeportivo.es/abonos ou de darse de alta ou renovar presencialmente nos despachos de billetes da Oficina de Atención ao Deportivismo situadas no Estadio ABANCA-RIAZOR (avenida de la Habana, s/n).
Para formalizar esta operación só é necesario o DNI da persoa titular e xustificante da conta bancaria se se financian cantidades iguais ou menores a 1.500€. Superando ese importe hai que presentar xustificantes de ingresos. Toda a información sobre financiamento e os cadros de amortización está dispoñible na Oficina de Atención ao Deportivismo.
Importe mínimo de financiamento 150€ e cota mínima a financiar 20€/mes.
*Financiamento suxeito á autorización de ABANCA Servizos Financeiros, E.F.C., S.A.U. A TAE reflectida en cada exemplo varía en función do prazo de financiamento.
Partidos do Dépor ABANCA
Poderás asistir aos partidos do Dépor ABANCA por un custo extra de 20 euros sobre o prezo do abono. As Nosas competirán a temporada 2025-26 na liga F, disputarán 15 xornadas como local, participarán na Copa de la Reina e xogarán o Trofeo Teresa Herrera.
Para asistir a cada partido das Nosas será imprescindible que todos os abonados e socios simpatizantes que pagasen o extra de 20 euros retiren a súa entrada a custo cero.
O asento asignado no abono non servirá para os encontros das Nosas no Estadio ABANCA-RIAZOR, excepto para os partidos nos que se habilite a totalidade das bancadas.
Para asistir aos partidos que se celebren na Cidade Deportiva de Abegondo é necesario retirar entrada até completar a bancada.
Se só queres asistir aos encontros das Nosas tamén podes facelo. Terás que renovar ou darche de alta como Soci@ Amig@ ou Nen@ Depor e abonar o extra de 20 euros. Ademais, poderás beneficiarche das vantaxes do devandito abono.
Por cuestións de bancada, non está garantida a localidade nos encontros que As Nosas disputen na Cidade Deportiva de Abegondo, soamente nos partidos do Estadio ABANCA-RIAZOR.
Abono HC Liceo
Por só 5 euros máis consegue o teu carné unificado do RC Deportivo e do HC Liceo.
Xunto con todas as vantaxes de ser persoa socia do Dépor ou simpatizante poderás ter o abono do HC Liceo, podendo acceder a todos os partidos amigables e de competición oficial (salvo que sexan declarados polo HC Liceo como Días do Club) que se disputen en casa, o Palacio dos Deportes de Riazor, sen reserva de asento e até completar a bancada da instalación.
Podes consultar aquí o dossier da campaña de abonos 2025-26.