RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leganés

FUNDACIÓN · 30 ABRIL 2026

LISTADO DE PARTICIPANTES NA GRADA SOLIDARIA DO DÉPOR - CD LEGANÉS

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste venres 1 de maio (18:30) fronte ao CD Leganés, reactivou a Grada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina un amplo cupo de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se fan públicas as entidades que fan uso da grada solidaria, que para este partido son as seguintes: ASPRONAGA, Asociación Participa, Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Fibro Visibles, ACOPROS (Asociación de Colaboración e Promoción do Sordo), Viraventos, Asociación Dignidade Galicia, Fundación Rais e O Fogar das Mulleres.Para solicitar entradas para a Grada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.