
DÉPOR · 30 ABRIL 2026
DÉPOR DIXITAL 2026 CONVÉRTESE NUN PUNTO DE ENCONTRO ENTRE DEPORTE E TECNOLOXÍA
O foro Dépor Dixital 2026 celebrado este xoves 30 de abril na sede Espacio Avenida amosou como o RC Deportivo aposta por unha cultura dixital que une rendemento, innovación e emoción; dando ademais espazo aos partners para beneficiarse de pertencer ao ecosistema dun club onde a tecnoloxía está no centro da súa evolución.Dépor Dixital 2026 supón un punto de encontro entre deporte, tecnoloxía e as persoas que están a transformar a forma de xestionar o fútbol.Abriu o evento Massimo Adalberto Benassi, conselleiro delegado do RC Deportivo, quen subliñou que "Dépor Dixital 2026 reflicte unha decisión estratéxica clara: impulsar un club máis conectado, máis eficiente e preparado para competir ao máximo nivel no contorno actual".Apunta que "é unha aposta por integrar innovación, coñecemento e talento ao servizo da nosa identidade".Recalca que "o fútbol de hoxe constrúese desde múltiples dimensións: o campo, os datos, a relación co afeccionado e a capacidade de anticiparse. Nese contexto, o Deportivo dá un paso firme cara adiante".Nas ponencias presentáronse ferramentas coas que o club incorpora datos e tecnoloxía en áreas clave de rendemento (nutrición, scouting...), a tecnoloxía aplicada á Área de Negocio (MoeDÉiro, LembraDÉ...), a presentación de plataformas para a experiencia dixital de ANOSAFORZA (app, web...) e a dixitalización interna do Club (menús, reserva de salas...)Pechou o Dépor Dixital 2026 Susana Ladra, catedrática de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da Universidade da Coruña.


Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...

O Dépor, "con todo o mundo preparado para participar", arrinc...

Os cadetes Raúl Lema e Iago Varela, convocados para uns adest...

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...