RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo 25 co regreso triunfal á liga do Deportivo ABANCA B

CANTERA · 25 OUTUBRO 2026

RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO 25 CO REGRESO TRIUNFAL Á LIGA DO DEPORTIVO ABANCA B

O regreso á competición do Deportivo ABANCA B tras o parón ligueiro da pasada fin de semana foi a noticia en ANOSACANTEIRA feminina.Despois da goleada ás As Celtas, As Nosas venceron por 4-1 este domingo 25 de outubro ao Madrid CFF B no campo Arsenio Iglesias.Foi baixa Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 no Mundial de Marrocos.Este resultado deixa As Nosas con 18 puntos á fronte da táboa da Segunda Federación unha semana máis.Completaron a xornada do domingo 3 partidos na Torre: o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación ante o Atlético Villalonga FF (0-3), o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica ante o SCD Milagrosa (6-0) e o Orzán SD Infantil A da Liga Gallega (grupo A) ante o SCD Pastoriza (5-0).O sábado 24 abriron a fin de semana o triunfo do Orzán SD Cadete ante a SD O Val (11-0) e a visita do Orzán SD Infantil B ao AD Cristo Rey B (3-2).Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Antía Mayo -2-, Sara Barreda e Karla) - MADRID CFF B 1Tercera Federación7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 0 - ATLÉTICO VILLALONGA FF 3Primera Autonómica7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 6 (Marta Moreno -3-, Alexia Freire e Aldara Ferreira -2-) - SCD MILAGROSA 0Liga Gallega cadete3ª xornada: ORZÁN SD CADETE 11 (María López-Perales -3-, Amara Naceur, Carla Lorenzo, Alexia Quintela, María Navaza, Inés Neira e Lorena Anastase -3-) - SD O VAL 0Liga Gallega infantilGrupo A, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A 5 (Ariadna Arroyo, Daniela Mingo, María Navaza -2- e María Fandiño) - SCD PASTORIZA 0Grupo B, 3ª xornada: AD CRISTO REY B 3 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Nahiara Samira e Julieta Márquez)