
DÉPOR ABANCA · 25 OUTUBRO 2026
PRIMEIRA VITORIA NA CASA DO DÉPOR ABANCA, SEGUNDA CONSECUTIVA; E RÉCORD DA LIGA F CO DEBUT DA GARDAMETA MÁIS NOVA, ANA SEOANE
O Dépor ABANCA impúxose (2-1) cun gol de Lucía Pardo no minuto 100 ao Deportivo Alavés este domingo 25 de outubro en ABANCA-RIAZOR.Deste xeito, logrou a súa primeira vitoria no estadio esta temporada e a segunda consecutiva na liga.Con este resultado, As Nosas suman 11 puntos na 6ª posición da táboa.«Do que máis orgulloso me sinto é de ter esa paciencia para agardar a que co paso dos minutos fosen aparecendo eses espazos», comentou Alberto Rodríguez na sala de prensa.Ademais, o equipo bateu un récord na Liga F.A intervención cirúrxica á que foi sometida esta mesma mañá Inês Pereira, a lesión de Tarazona e a concentración de Antía Veiga no Mundial sub-17 obrigaron ao debut de Ana Seoane, unha coruñesa de Mera que pertence ao filial de Segunda Federación.Con 16 anos, é a porteira debutante máis nova na Liga F.O técnico deportivista confesou que «falamos con ela porque é unha situación inesperada para ela e é moi nova. Pero xa estaba adestrando connosco, viña facendo as cousas ben. É unha situación natural. Non deixa de ser un paso máis no proxecto de canteira que ten o Club. Síntome moi orgulloso dela e moi feliz».O Dépor ABANCA arrincou o partido de maneira frenética.Aos 3 minutos, Millene estivo a piques de marcar tras recibir un balón ao espazo e plantarse ante a porteira Sofía. O seu disparo, raso, foise excesivamente cruzado.Dous minutos máis tarde, a dianteira brasileira, na frontal da área pequena, non acertou a rematar un pase atrás de Lucía Rivas, que gañara a liña de fondo.E no 8, de novo Millene non conseguiu cabecear con precisión no segundo pau, libre de marca, un saque de esquina desde a banda esquerda.Co paso dos minutos equilibráronse as forzas.Ana Seoane respondeu ás expectativas e no minuto 13 tapou un disparo a queimarroupa de Parera que xa se coaba na portería deportivista.Pouco despois, nun erro de Barth no pase, Carmen intentou unha vaselina ao ver a posición adiantada de Ana. Foise lixeiramente alta.A propia Carmen adiantou as vitorianas no marcador cun lanzamento directo dunha falta lateral que non puido despexar a porteira blanquiazul malia a súa estirada.Co Deportivo Alavés pechado no seu campo, pero sen ocasións claras, chegouse ao descanso (0-1).

Tras o paso polos vestiarios, Alberto Rodríguez deu entrada a Elena por Paula Novo e a Marisa por Eva Alonso.A primeira ocasión da segunda metade foi vitoriana. Guallar aproveitou un balón cedido a Ana que quedou curto para roubar. A porteira deportivista reaccionou rápido e interceptou co corpo o remate da alavesistaNo minuto 52 probou fortuna desde a frontal da área Adri Ranera, que pasou a xogar no lateral dereito.O Dépor ABANCA viuse obrigado a gastar unha xanela de cambios no minuto 57 polas lesións de Barth e Ainoa.O adestrador blanquiazul explicou que esta última "ten un golpe no cuádriceps, un 'bocadillo', que lle impedía correr a alta intensidade e preferín ser prudente tanto con ela como co equipo. E Barth ten un golpe no nariz. Non sabemos moito máis. Tíñao un chisco inchado. Estaba ben a nivel de dor, pero ata que non se lle fagan probas non saberemos moito máis".Sofía Domínguez e Redru foron as súas substitutas."Todos os cambios déronnos o impulso que lles pediamos", apuntou ao respecto o preparador do Dépor ABANCA.Precisamente Sofía Domínguez, nunha falta na frontal da área, obrigou no minuto 69 a lucirse á gardameta do Deportivo Alavés.Os últimos minutos, co conxunto vasco cunha xogadora menos pola xusta expulsión de Parera, foron de dominio total do Dépor ABANCA.Millene empatou no minuto 88 ao recoller un balón na área, aproveitar o erro no despexe de Vidal e superar cun tiro cruzado á porteira Sofía.O longo desconto de máis de 10 minutos trouxo o premio do ansiado triunfo para As Nosas.Elena meteu un balón colgado á área por riba da defensa que Lucía Pardo controlou con clase e bateu por segunda vez a Sofía.Ao Deportivo Alavés aínda lle quedou tempo para apertar a portería de Ana Seoane cun par de saques de esquina, pero a defensa deportivista mantívose firme e o partido rematou en festa.As celebracións incluíron un manteo tanto para a nova gardameta, con corredor de labazadas incluído, como para a goleadora decisiva Lucía Pardo.Alberto Rodríguez admitiu que "isto é un plus emocional. Tiñamos moitas ganas de gañar en ABANCA-RIAZOR, pero non deixan de ser 3 puntos que nos sitúan nunha boa posición. Isto é moi longo, queda moitísimo".Deportivo ABANCA: Ana Seoane, Paula Novo (Elena, min. 46), Barth (Sofía Domínguez, min. 57), Adri Ranera, Vega, Eva Alonso (Marisa, min. 46), Olaya, Lucía Rivas (Michi Apóstol, min. 63), Lucía Pardo, Ainoa (Redru, min. 75) e MilleneDeportivo Alavés: Sofía, Parera, Altamira, Opazo, Carmen (Vidal, min. 83), Navajas (Celia, min. 70), Hanane (Kumba, min. 46), Viles, Guallar (Almudena, min. 62), Pichi e Merche IzalÁrbitra: Ylenia Sáchez, do comité catalán. Amoestou a Adri Ranera (min. 31) e Pichi (min. 48). Expulsou con vermella directa a Parera por unha entrada perigosa a Millene (min. 84)Goles: 0-1 Carmen (min. 26); 1-1 Millene (min. 88); 2-1 Lucía Pardo (min. 100)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 887 seareiros


Antonio Hidalgo: "Estamos competindo contra todo o mundo e is...

Parte médico de Inês Pereira

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

O Dépor cae pola mínima e "con moita dor" ante o Atlético de ...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...

Resultados deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA, con derrota do F...