
CANTERA · 24 OUTUBRO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 24 EN ANOSACANTEIRA, CON DERROTA DO FABRIL EN ABANCA-RIAZOR; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 25, CO XUVENIL A EN GIJÓN
Un total de 4 partidos dispútanse este domingo 25 de outubro en ANOSACANTEIRA.O Xuvenil A mídese en Gijón ao TSK Roces (16:30); o líder da División de Honra, o Cadete, á SD Compostela no Dépor Training Center (11:30); ademais dos partidos dos dous equipos infantís: o Dépor na Merced (Santiago) ante o CD Conxo Santiago (11:15) e o San Tirso SD Infantil no Monte fronte ao Pabellón Ourense CF.O partido máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA é o Fabril - CD Extremadura deste sábado 24 de outubro en ABANCA-RIAZOR.Os fabrilistas caeron por 0-5 nun partido no que Manuel Pablo afirmou que "non estivemos en ningún momento".O filial queda con 8 puntos na 17ª posición da táboa.O técnico deportivista admite que foi "un partido moi difícil de xestionar. É importante recuperar tamén xogadores importantes, pero isto vai do colectivo. Temos que dar un paso adiante todos".Fóra da casa, o Xuvenil B (na foto principal da noticia) venceu o CD Choco no campo de Santa Mariña (0-1) cun gol de Pablo Vara.Completaron a xornada do sábado os alevíns e benxamíns en fútbol 7: o Alevín A gañoulle á SD Acea de Ama (0-10), o Fabril FC Alevín e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (0-6 e 1-6 respectivamente); e o Benxamín A ao SCD Pastoriza (0-12).Finalmente, o San Tirso SD Cadete clasificouse para os cuartos de final da U15 Frem Cup en Copenhague, que se disputan este domingo 25 co Malmö FF sueco como rival.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda Federación9ª xornada: FABRIL 0 - CD EXTREMADURA 5Categoría xuvenilDivisión de Honor, 7ª xornada: TSK ROCES - XUVENIL A, o domingo 25 de outubro ás 16:30 no campo Covadonga (Gijón)Liga Nacional, 8ª xornada: CD CHOCO 0 - XUVENIL B 1 (Pablo Vara)Categoría cadeteDivisión de Honor, 7ª xornada: CADETE - SD COMPOSTELA, o domingo 25 de outubro ás 11:30 no Dépor Training CenterDivisión de Honor, 7ª xornada (xoves 22): RC CELTA 6 - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Pablo Ramos)U15 Frem Cup no Estadio do BK Frem (Copenhague)Sábado 24 de outubroPrimeira FaseSAN TIRSO SD CADETE 3 (Manu Sande, Raúl Estévez e Enzo Pose) - BK FREM COPENHAGEN 0SAN TIRSO SD CADETE 0 - JAGUAR GDANSK 0CLUB CALCIO ACADEMY 0 - SAN TIRSO SD CADETE 4 (Hugo Macedo, Santi Durán, Jorge Méndez e Iván Gil)ZAGLEBIE LUBIN 0 - SAN TIRSO SD CADETE 0Domingo 25 de outubroCuartos de final8:30: SAN TIRSO SD CADETE - MALMÖ FFCategoría infantilDivisión de Honor, 7ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL, o domingo 25 de outubro ás 11:15 na Merced (Santiago de Compostela)División de Honor, 7ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 25 de outubro ás 12:00 no Monte

Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SD ACEA DE AMA 0 - ALEVÍN A 10 (Martín Coronel -3-, Manu Parada -2-, Martín Martelo, Nico Castro, Joel Losada, Pablo Couso e Mateo Pastorín)Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SADA CF 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Hugo Rey, Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero -2- e Tomás Sánchez)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 5ª xornada (mércores 21): BENXAMÍN A 15 (Hugo Brea -5-, Izan Mallón -3-, Álex Martínez -2-, Juan Crujeiras -2-, Diego Freire, Jaime Fraga e Anxo Fernández) - SANTA MARÍA DEL MAR 1Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - BENXAMÍN A 12 (Juan Crujeiras -3-, Jaime Fraga -2-, Hugo Brea -2-, Álex Martínez -2-, Tomás Lorenzo, Óscar Lijó e Izan Mallón)Primera Futgal A Coruña, 6ª xornada: SADA CF 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Hugo Fernández 3, Anxo Vilar, Martín Vázquez e Xisco Muñoz)


Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...

Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17...

As Nosas, «preparadas para conseguir a segunda vitoria consec...

Segundo partido consecutivo no campo Arsenio Iglesias para o ...