RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendario deste domingo 25, co regreso á liga do Deportivo ABANCA B ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias

CANTERA · 24 OUTUBRO 2026

RESULTADOS DESTE SÁBADO EN ANOSACANTEIRA FEMININA; E CALENDARIO DESTE DOMINGO 25, CO REGRESO Á LIGA DO DEPORTIVO ABANCA B ÁS 17:00 NO CAMPO ARSENIO IGLESIAS

O regreso á competición do Deportivo ABANCA B tras o parón ligueiro da pasada fin de semana é a noticia en ANOSACANTEIRA feminina.Despois da goleada a As Celtas, As Nosas mídense o domingo 25 de outubro ás 17:00 ao Madrid CFF B no campo Arsenio Iglesias no máis alto da clasificación.É baixa Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 no Mundial de Marrocos.Completan a xornada do domingo 3 partidos ás 12:00 en La Torre: o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación ante o Atlético Villalonga FF (campo 2), o Orzán SD Xuvenil de Primera Autonómica ante o SCD Milagrosa (campo 1) e o Orzán SD Infantil A da Liga Gallega (grupo A) ante o SCD Pastoriza (campo 4).O sábado 24 abriron a fin de semana o triunfo do Orzán SD Cadete ante a SD O Val (11-0) e a visita do Orzán SD Infantil B ao AD Cristo Rey B (3-2).O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda Federación7ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - MADRID CFF B, o domingo 25 de outubro ás 17:00 no campo Arsenio IglesiasTercera Federación7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - ATLÉTICO VILLALONGA FF, o domingo 25 de outubro ás 12:00 na Torre (campo 2)Primera Autonómica7ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SCD MILAGROSA, o domingo 25 de outubro ás 12:00 na Torre (campo 1)Liga Gallega cadete3ª xornada: ORZÁN SD CADETE 11 (María López-Perales -3-, Amara Naceur, Carla Lorenzo, Alexia Quintela, María Navaza, Inés Neira e Lorena Anastase -3-) - SD O VAL 0Liga Gallega infantilGrupo A, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - SCD PASTORIZA, o domingo 25 de outubro ás 12.00 na Torre (campo 4)Grupo B, 3ª xornada: AD CRISTO REY B 3 - ORZÁN SD INFANTIL B 2 (Nahiara Samira e Julieta Márquez)