RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non estivo en ningún momento»

DÉPOR FABRIL · 24 OUTUBRO 2026

DOLOROSA DERROTA ANTE O CD EXTREMADURA DUN FABRIL QUE «NON ESTIVO EN NINGÚN MOMENTO»

O Fabril caeu goleado (0-5) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Extremadura este sábado 24 de outubro, nun partido correspondente á 9ª xornada de Primera Federación.Con este resultado, o Fabril queda con 8 puntos na 17ª posición.Manuel Pablo afirmou na sala de prensa que «non estivemos en ningún momento».Foron baixa os lesionados Álex Marqués, Damián Canedo e Jairo; ademais de Noé, que xa adestrou co primeiro equipo estes días, pero que por precaución quedou sen xogar tras as molestias sufridas nos isquiotibiais no partido do pasado sábado en Lugo.Tampouco estiveron en ABANCA-RIAZOR Kevin Sánchez e Rubén López, que viaxaron co Dépor para o encontro ante o Atlético de Madrid.O partido púxose costa arriba aos 8 minutos.Se na rolda de prensa previa o técnico fabrilista alertara sobre futbolistas estremeños que pasaran polo fútbol profesional, como Kike Márquez ou Zarfino, foi o primeiro quen bateu a Hugo Ríos ao rematar de cabeza, entre unha nube de xogadores, un saque de esquina lanzado desde a banda dereita.O preparador do Fabril lamentou as «moitas perdas na saída de balón xa desde os primeiros minutos», como a que deu orixe ao segundo gol no minuto 34.Dani Estévez recibiu de Hugo Ríos na frontal da área, pero perdeu o balón ante a presión de 2 rivais e Marco Manchón marcou o segundo, que encarrilaba o encontro.Á beira do descanso, de novo Kike Márquez gañoulle a posición a Ferrán Seco e meteu un balón ao espazo para que Escudero superase outra vez a Hugo Ríos no man a man.Co 0-3 chegouse ao descanso.Manuel Pablo deu entrada a Manu Ferreiro, Manu Serrano e Yayo por Ferrán Seco, Koke e Dani Estévez na procura dunha reacción blanquiazul.Pero non houbo reacción, xa que no minuto 51, noutro erro defensivo, Samu perdeu o balón ante Diego, que cedeu a Escudero para marcar o 4º a pracer. Partido sentenciado.O 5º tanto do CD Extremadura, que completou o marcador, chegou a balón parado, un aspecto do xogo no que o Fabril «sufriu moitísimo», tal e como recoñeceu o preparador deportivista. No minuto 67, Sergio Molina cabeceou á rede outro saque de esquina, esta vez lanzado desde a banda esquerda.Manuel Pablo advertiu: «Teño que sentilo, non podo deixar de competir. Dá igual o resultado. Teño que estar con alma dentro dun campo, estar conectado. Houbo unha diferenza abismal en como foron eles á presión, en como ían a cada balón aéreo».Os minutos restantes do partido, con todo visto para sentenza, deixaron a entrada do xuvenil Mauro Valeiro e de Íker Gil por Justino e Martín Ochoa, pero sen máis transcendencia no marcador.«Gañáronnos moitos duelos. Os equipos non necesitan tanto: golpeos, duelos... Estamos sufrindo moito e non estivemos en ningún momento», insistiu Manuel Pablo.Fabril: Hugo Ríos, Quique Teijo, Samu, Ferrán Seco (Manu Ferreiro, min. 46), Xabi, Dani Estévez (Yayo, min. 46), Koke (Manu Serrano, min. 46), Justino (Mauro Valeiro, min. 68), Guerrero, Álvaro Fraga e Martín Ochoa (Íker Gil, min. 80)CD Extremadura: Robador, Berkhoucha, S. Molina, Escudero (Alfred Goetheler, min. 60), Kike Márquez (Íker, min. 72), Manchón, Al-Lal, Espejo (Cordero, min. 72), Álex Macías (Sánchez, min. 77), Diego M.L. e Luis Nicolás (Yael, min. 60)Árbitro: David López, do comité catalán. Amoestou a Samu (min. 45) e Espejo (min. 61)Goles: 0-1 Kike Márquez (min. 8); 0-2 Marco Manchón (min. 34); 0-3 Escudero (min. 44); 0-4 Escudero (min. 53); 0-5 Sergio Molina (min. 66)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 706 espectadores