RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17, mídese este domingo 25 a Chile no último partido da Primera Fase

DÉPOR ABANCA B · 24 OUTUBRO 2026

ANTÍA VEIGA, XA CLASIFICADA PARA OS OITAVOS DO MUNDIAL SUB-17, MÍDESE ESTE DOMINGO 25 A CHILE NO ÚLTIMO PARTIDO DA PRIMERA FASE

Antía Veiga e España pecharán a Primera Fase do Campionato do Mundo sub-17 este domingo 25 de outubro ante Chile ás 15:00 (hora local, 16:00 en Galicia).A canteirá deportivista e o combinado nacional xa están clasificadas para os oitavos de final despois de derrotar a México e Australia.Nos dous primeiros partidos do torneo, Antía Veiga seguiu o xogo desde o banco.Pola súa banda, Chile empatou ante Australia (1-1) e caeu ante México (1-3); e, por conseguinte, suma 1 punto na clasificación, na 3ª posición do grupo F.O calendario de partidos de Antía Veiga, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Luns 19 de outubroESPAÑA 2 - MÉXICO 0Xoves 22 de outubroESPAÑA 3 - AUSTRALIA 1Domingo 25 de outubro15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): CHILE - ESPAÑA