RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
As Nosas, «preparadas para conseguir a segunda vitoria consecutiva» este domingo 25 en ABANCA-RIAZOR ante un Deportivo Alavés que tamén quere «empezar a puntuar fóra»

DÉPOR ABANCA · 24 OUTUBRO 2026

AS NOSAS, «PREPARADAS PARA CONSEGUIR A SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA» ESTE DOMINGO 25 EN ABANCA-RIAZOR ANTE UN DEPORTIVO ALAVÉS QUE TAMÉN QUERE «EMPEZAR A PUNTUAR FÓRA»

O Dépor ABANCA mídese este domingo 25 de outubro ás 12:45 ao Deportivo Alavés en ABANCA-RIAZOR, nun partido retransmitido en directo por Dazn, Teledeporte e RTVE Play.Tras o triunfo da pasada fin de semana en Ipurúa ante a SD Eibar (2-3), As Nosas chegan ao encontro na 10ª posición da Liga F con 8 puntos.Alberto Rodríguez admite que despois dese resultado, "e ademais nun escenario coma ese, o equipo está con moitísimas ganas de conseguir a primeira vitoria en ABANCA-RIAZOR e, por primeira vez, 2 vitorias consecutivas".O adestrador coruñés deséxao "tamén para darlle unha alegría a ANOSAFORZA na casa".Son baixa para o encontro as lesionadas Espe Pizarro e Andrea Tarazona.O técnico deportivista explica que a dianteira uruguaia "sufriu un golpe nun adestramento. Tiñamos dúbidas de que puidese quedar só nun susto. Fixéronse probas. Decidimos non forzala ante a dúbida a pasada fin de semana. A semana pasada confirmouse esa luxación. Está empezando a traballar, aínda que os rangos de movemento marcan moito neste tipo de situacións. Seguramente vai perder algún partido. Hai que agardar pola súa evolución para falar de prazos porque son zonas delicadas".O encontro comezará ás 12:45 e Alberto Rodríguez pide "adaptarse. Nós adestramos polas mañás, así que, se algo lle inflúe á xente, pois tratar de que fagan ese esforzo. Polo que a nós respecta, estamos preparadas para conseguir a segunda vitoria consecutiva".Pola súa banda, o Deportivo Alavés, que a pasada fin de semana empatou (1-1) co Sevilla FC, é 14º con 7 puntos.Lonxe do seu campo esta temporada, as vitorianas caeron por 1-0 co Atlético de Madrid, o Madrid CFF e o RCD Espanyol.A súa adestradora, Andrea Esteban, asegurou que "a nosa intención é empezar a puntuar fóra da casa, que é o obxectivo que ten o equipo desde o inicio da semana".Subliñou que "imos con toda a enerxía e toda a forza para empezar a sumar eses puntos fóra esta fin de semana contra o Deportivo ABANCA".Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o luns 26 de outubro ás 11:00 no Dépor Training Center.