
DÉPOR FABRIL · 23 OUTUBRO 2026
UN FABRIL QUE NON QUERE OBSESIONARSE COS RESULTADOS RECIBE ESTE SÁBADO ÁS 13:00 AO CD EXTREMADURA EN ABANCA-RIAZOR
O Fabril mídese en ABANCA-RIAZOR ao CD Extremadura este sábado 24 de outubro, nun partido correspondente á 9ª xornada.O encontro xogarase ás 13:00 (Fan Play TV) e Manuel Pablo explicou o motivo: "O CD Extremadura xoga o martes a Copa e solicitounos cambiar o horario, que estaba fixado para as 16:30. Non nos prexudica e, se un equipo che pide que lle fagas un favor porque ten outra competición poucos días despois, non lle vexo inconveniente".Explica ademais que, por mor deste cambio, os fabrilistas "teñen que almorzar máis forte, pero non cambia moito o día a día, xa que adestramos ás 10:30 ou ás 11:00. Son un par de horas de diferenza".O filial chega ao encontro con 8 puntos na 16ª posición da Primera Federación.O técnico fabrilista asegura que "intentamos estar tranquilos, que non entren o medo nin a preocupación".Neste sentido, non quere que os seus futbolistas se obsesionen "cos resultados. Se nos preocupamos en exceso, prexudícanos. Temos que mellorar aspectos do xogo, ser máis regulares e intentar non ver cada partido como unha última bala".Son baixa por lesión Álex Marqués, Damián Canedo e Jairo.O preparador fabrilista lembra ademais os 3 xogadores que se adestraron esta semana co primeiro equipo: Kevin, Noé e Rubén López; "e tiramos co que temos, con xogadores de dentro, xogadores que recuperamos como Manu Ferreiro ou Manu Serrano, que comezan a entrar. E compensar os xogadores que poidan ir co primeiro equipo".Pola súa banda, o CD Extremadura, que a pasada fin de semana empatou (2-2) no Francisco de la Hera co Real Unión, é 14º con 10 puntos.Lonxe do seu campo, esta temporada os estremeños venceron ao Athletic Club B (1-3) e ao CD Coria (2-4); e caeron ante a UD Logroñés (2-1) e o Barakaldo CF (1-0).O seu técnico, David Rocha, asegurou na rolda de prensa que esta semana de traballo "foi unha das mellores no que vai de ano. O nivel, a intensidade e o ritmo de adestramento foron moi altos. Estou contento nese sentido. Foi unha semana de moito nivel. Oxalá sexamos capaces de levalo a cabo mañá".Do Fabril destaca os seus "xogadores cun nivel moi bo, moi dinámicos, rápidos e con capacidade para superar adversarios con facilidade. É o equipo con máis posesión da categoría. Tamén ten as súas debilidades. Sabemos onde podemos facerlle dano".

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro