RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos este xoves 22 de outubro no Dépor Training Center

DÉPOR · 22 OUTUBRO 2026

BALÓN PARADO E FINALIZACIÓNS, TAREFAS PRINCIPAIS DE OS NOSOS ESTE XOVES 22 DE OUTUBRO NO DÉPOR TRAINING CENTER

O Dépor centrouse este xoves 22 de outubro nas accións a balón parado e nos remates a portería de cara ao encontro deste sábado 24 de outubro ás 21:00 horas no Estadio Riyadh Air Metropolitano ante o Atlético de Madrid.A sesión completouse cun exercicio táctico no campo 2.Así pois, houbo traballo para os atacantes, como Nsongo Bil, que, ademais de lograr o seu primeiro gol na Liga EA Sports na pasada xornada ante o Levante UD, acadou unha nova marca persoal de distancia total percorrida, con 10.984 metros, superando os 10.518 metros rexistrados ante o Valencia CF.

gimenez1022.jpg

E tamén tarefa para os defensores como José María Giménez, que estableceu un novo récord do RC Deportivo en distancia vertical gañada mediante pases e conducións, con 524 metros, a mellor cifra rexistrada por un xogador de campo do equipo nesta métrica.Kevin Sánchez, Noé e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA; mentres que Aubameyang, Eddahchouri, Marc Casadó e Bright Ede están con adestramento personalizado.Este venres 23 de outubro o Dépor adianta o horario do adestramento, que comezará ás 10:00 en lugar das 10:30, posto que o equipo se despraza a Madrid nun voo que despega do Aeroporto de A Coruña a primeira hora da tarde.

  • riki1022.jpg
  • ferllo1022.jpg
  • aubameyang1022.jpg
  • luismi1022.jpg
  • arnauybil1022.jpg