
DÉPOR · 23 OUTUBRO 2026
ESIXENTE EXAME DO DÉPOR ESTE SÁBADO 24 DE OUTUBRO ÁS 21:00 NO ESTADIO RIYADH AIR METROPOLITANO ANTE O PODEROSO ATLÉTICO DE MADRID
O Dépor afronta un esixente exame este sábado 24 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) no Estadio Riyadh Air Metropolitano ante un dos grandes de LaLiga EA Sports, o Atlético de Madrid.Os Nosos, tras o empate da pasada xornada en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD, chegan con 11 puntos situados na 9ª posición.Son baixa para o encontro os lesionados Aubameyang, Eddahchouri, Casadó e Bright Ede. Deles, os 3 primeiros xa realizan tarefas sobre o céspede supervisados polo readaptador Fernando Rodríguez.Antonio Hidalgo explica que "Zaka, 'Auba' e Marc seguen nese proceso de recuperación, con diferentes prazos. E o resto, pois como pasa no fútbol, xente que ten algunha pequena molestia pero está dispoñible para poder competir".Sobre o dianteiro francés, máximo goleador do equipo con 5 goles, engade que "a evolución vai rápida. Estase atopando ben, ten boas sensacións, pero todo dependerá de como vaia tolerando a carga que se lle dea. Se se vai atopando ben, todo se acelerará; e se non, teremos que ir cun pouco máis de pausa".

O equipo recupera a Amatucci, que perdeu o choque ante os levantinos por sanción.O partido será especial para Josema Giménez, o central deportivista cedido polo Atlético de Madrid esta temporada; e Mario Soriano, formado na canteira colchonera desde categoría prebenxamín e que tamén chegou a debutar co primeiro equipo ás ordes do Cholo Simeone.O internacional uruguaio explicou na sala de prensa por que pode xogar este encontro: "Cando souben que era unha cesión pedín que non estivese a cláusula. Quero xogar todos os partidos, estar dispoñible polo menos para todos os partidos. Se xogo ou non é decisión do adestrador. Era algo que vía que se podía chegar a facer. Estou agradecido por que me deixasen competir esta fin de semana".Desvela Antonio Hidalgo que a Giménez, como pasou con Riki a temporada pasada no caso do Albacete Balompié, "pregúntaslle como traballaron, que quere o seu adestrador en diferentes momentos. Teñen un pasado no Atlético de Madrid. A min, cando me pasaba, dábame esa dose de motivación por volver a un sitio onde estivera ben".Pola súa banda, o Cholo Simeone móstrase "totalmente agradecido a José. Foi e é un dos centrais máis importantes que estivo no Atlético desde que eu estou. Sempre lle desexo o mellor. Querémolo moito. El sábeo".

Non haberá afeccionados deportivistas nas bancadas do Metropolitano, posto que o Atlético non lle cedeu entradas ao Dépor para a bancada visitante porque celebra o Día de las Peñas.O Dépor realizou este venres unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center, cun ensaio de accións a balón parado, un exercicio de finalizacións e fútbol reducido para concluír.Kevin Sánchez, Noé e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Sobre Noé, o preparador deportivista apunta que en Lugo «asustouse ao sentir unha sobrecarga no isquio. Escoitou o seu corpo e puido parar. Parece que é pouca cousa e agardemos que a vindeira semana poida estar dispoñible».E de Rubén López afirma que «coñecémolo do ano pasado. É moi doado traballar con el porque nos coñece moi ben. É un rapaz que, como todos os mozos, ten que entender de que vai isto e como funciona o mundo profesional ao máis alto nivel. Iso estao entendendo. Está a dar pasos adiante, facendo bos partidos no Fabril. Ante a posible baixa de Noé decidimos chamalo».

Pola súa banda, o Atlético de Madrid, que na pasada xornada derrotou a domicilio (0-1) o RCD Espanyol, é 2º na táboa con 22 puntos.Os colchoneros tiveron esta semana xornada de Champions League, cun empate (1-1) en Sttutgart.No seu campo, o Estadio Riyadh Air Metropolitano, os rojiblancos venceron esta temporada o Málaga CF (2-0), CA Osasuna (4-0) e Real Madrid CF (2-1); e empataron co Villarreal CF (2-2).Simeone advertiu na sala de prensa que "necesitamos de todos. A temporada é moi longa. É normal que aparezan situacións de rapaces que non poidan participar nalgún momento. Por iso intentamos ter un bo cadro de xogadores, agardando que sexa moi bo cando remate a temporada polo que fixemos".Insiste en centrarse no partido ante o Dépor, "intentar levalo onde lle podemos facer dano. La Coruña vén competindo moi ben en todos os partidos que xogou. Puido gañar, puido empatar. Tocoulle perder, pero sempre competiu moi ben. Así que imos atoparnos cun equipo valente, ao que xa nos enfrontamos na Copa a temporada pasada. E custounos gañar ese partido. Polo tanto, toda a nosa enerxía en facer ben as cousas mañá".Finalizado o partido, Os Nosos regresan á Coruña e adestrarán de novo o luns 26 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center.

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro





