RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor

DÉPOR FABRIL · 23 OUTUBRO 2026

ABERTAS ESTE SÁBADO 24 DE OUTUBRO DESDE AS 11:00 HORAS OS DESPACHOS DE BILLETES DO PALACIO DE LOS DEPORTES DE RIAZOR

Este sábado 24 de outubro, día do partido entre o Fabril e o CD Extremadura, abren os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor desde as 11:00 horas.Os abonados e abonadas do RC Deportivo poden retirar a súa invitación obrigatoria en calquera momento premendo nesta ligazón.Só se poderán adquirir entradas de Preferencia Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.En caso de climatoloxía adversa, permitirase o acceso á Preferencia Superior a aqueles afeccionados que o soliciten.Para asistir aos partidos do filial é necesario ter pagado no abono da temporada 2026-27 un suplemento.Tamén están á venda as entradas para o público na mesma ligazón, ao prezo de 15 euros.