RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

DÉPOR FABRIL · 23 OUTUBRO 2026

MANUEL PABLO ADVIRTE QUE "TEMOS QUE SUBIR O NIVEL NÓS"

Manuel Pablo admitiu este venres 23 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center estar "un pouco preocupados polas 3 últimas derrotas. Preocúpame que pensemos que só nos vale a vitoria porque non nos vai beneficiar. Preocúpame iso e tamén cousas do xogo, loxicamente".Pensa que "facemos cousas boas que non somos quen de manter no tempo".Preguntado por Rubén López, confesa que cre "moito nel. Falei con el este verán porque tiña dúbidas. O Rubén que coñecín ten capacidade, talento. Véxoo de 6, aínda que pode xogar de 8. Para min tiña que ser importante no Fabril e, vendo o seu caso, cría que aquí era un bo sitio para volver ser ese xogador que eu coñecín. Comezou moi ben a temporada e ten que seguir nesa liña".Do CD Extremadura, rival este sábado 24 de outubro ás 13:00 (Fan Play TV) en ABANCA-RIAZOR, sostén que "tes que estar preparado para todo. Vén nunha xeira positiva. Ten xogadores moi importantes como Kike Márquez ou Zarfino, que pasaron polo fútbol profesional. É un equipo, como todos, con calidade, capaz de interpretar cando se ten que xuntar, cando ten que apertar. A balón parado é perigoso, con moita xente corpulenta".Así pois, pediralles aos fabrilistas "intentar desfacer o seu xogo. Temos que subir nós o nivel", alerta.Finalmente, Manuel Pablo confirma que Héctor Areosa, cedido polo Fabril ao conxunto estremeño esta temporada, non poderá xogar porque "tras un adestramento semanal está nun período de baixa. Está recuperándose aquí connosco".

Real Club Deportivo de A Coruña