
DÉPOR · 23 OUTUBRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "PARA NÓS TODOS OS PARTIDOS EN PRIMERA DIVISIÓN SON UN AGASALLO OU UN PREMIO QUE GAÑAMOS O ANO PASADO"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "todos os partidos son para nós unha gran motivación. Evidentemente, cando xogas cos grandes da liga sempre podes ter un plus, pero para nós todos os partidos en Primera División son un agasallo ou un premio que gañamos o ano pasado. E temos moita ilusión depositada en cada un dos partidos".Do Atlético de Madrid, rival este sábado 24 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) no Estadio Riyadh Air Metropolitano, opina que "co paso dos anos foi medrando e foi modificando as estruturas de como quere xogar. É un rival que chega nunha dinámica moi positiva e nós imos intentar facer o noso partido, o que necesitamos para poder competir ante un gran rival".Advirte que no partido "tes que ter unha estrutura para tamén poder ir a ese bloque alto, sabendo a xente tan decisiva que teñen arriba".O técnico deportivista admite que "o escenario é grande, bonito, e ilusiona a todo o mundo, tanto aos xogadores como a todos os que forman parte do Club".Iso si, lembra que o do Metropolitano "é un partido como calquera outro da categoría, sabendo a dificultade que ten o rival que temos diante. Hai que intentar minimizar os seus puntos fortes e nós facerlles dano coas nosas propostas".Antonio Hidalgo conclúe tamén que o encontro "é un reto para calquera adestrador, sobre todo polo talento que teñen".

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...