RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo: "Estamos competindo contra todo o mundo e iso é moi bo"

DÉPOR · 25 OUTUBRO 2026

ANTONIO HIDALGO: "ESTAMOS COMPETINDO CONTRA TODO O MUNDO E ISO É MOI BO"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Estadio Riyadh Air Metropolitano que «estamos facendo moitísimas cousas ben, pero temos que ser conscientes de que con iso non nos chega. Temos que facer máis cousas e ser máis determinantes nalgúns momentos».O técnico deportivista salienta que «estamos competindo contra todo o mundo e iso é moi bo, fala moi ben do traballo de todos; sendo conscientes de que temos que dar ese punto máis para seguir sumando e gañando partidos».Despois de 6 partidos sen gañar, apunta que «compito todos os días contra min mesmo, contra o rival que teño. Esíxome moitísimo, sei a dificultade que teño. Vou seguir empurrando os meus para seguir intentándoo cada vez máis, sabendo que a responsabilidade é grande. Isto vai de sumar de 3. Fixémolo hai unhas semanas, pero o tempo vai pasando. Os equipos que veñen por detrás veñen apertando. É a realidade do fútbol».Lembra, non obstante, que «en Primera División moitos equipos pasan por eses refachos e o máis importante é cortalos canto antes».Finalmente, Antonio Hidalgo, en referencia ás ocasións claras que nestes dous últimos partidos (ante Levante UD e Atlético de Madrid) tiveron Asp Jensen e Kevin, confesa que «son os primeiros que están fodidos. Son conscientes de que teñen que aproveitar esas 2 situacións moi claras de gol. Hai que estar preto deles, apoialos, facelos conscientes de onde estamos competindo e seguir traballando».

Real Club Deportivo de A Coruña