
DÉPOR · 25 OUTUBRO 2026
O DÉPOR CAE POLA MÍNIMA E "CON MOITA DOR" ANTE O ATLÉTICO DE MADRID
O Dépor caeu pola mínima (1-0) nun esixente exame este sábado 24 de outubro no Estadio Riyadh Air Metropolitano ante un dos grandes de LaLiga EA Sports, o Atlético de Madrid.Con este resultado, Os Nosos quedan con 11 puntos na 10ª posición.Antonio Hidalgo asegura que a derrota chega "con moita dor. Sabiamos da dificultade que ten vir a este tipo de campos, cun gran equipo".Lembra que "isto vai de gañar, de sumar de 3. Hoxe non o fixemos. Iso penalízate moito en Primeira porque todo se comprime moito.", engadiu.Foron baixa para o encontro os lesionados Aubameyang, Eddahchouri, Casadó e Bright Ede. Deles, os 3 primeiros xa realizan tarefas sobre o céspede supervisados polo readaptador Fernando Rodríguez.Pola súa banda, Kevin e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O equipo recuperou a Amatucci, que perdeu o choque ante o Levante UD por sanción.O partido foi especial para Josema Giménez, o central deportivista cedido polo Atlético de Madrid esta temporada; e Mario Soriano, formado na canteira colchonera desde categoría prebenxamín e que tamén chegou a debutar co primeiro equipo ás ordes do Cholo Simeone.Ambos os futbolistas recibiron unha agarimosa ovación da bancada tras seren saudados pola megafonía do Metropolitano.O once deportivista presentou varios cambios respecto ao da pasada xornada en ABANCA-RIAZOR ante o Levante UD: Alti entrou por Ximo Navarro no carril dereito, Loureiro polo lesionado Bright Ede no central zurdo, Amatucci por Riki na sala de máquinas e Mella por Luismi na banda dereita.O Dépor maniatou ben o equipo rojiblanco na primeira media hora de xogo, case sen disparos destacados a portería.De feito, no minuto 28 puideron adiantarse Os Nosos no saque dunha falta lateral que Yeremay puxo rasa aos pés dun sorprendido Oblak. O rexeitamento do eslovaco cáelle a Amatucci na área pequena, pero o seu remate volve sacalo co pé o gardameta sobre a mesma raia.Os de Hidalgo eran os donos do balón ante un Atlético que agardaba o seu momento repregado."Co balón estivemos ben, seguramente sen o veleno do que viñamos falando", lamentou o preparador blanquiazul.A mellor opción madrileña asinouna Kang in tras superar varios rivais no lateral da área, nunha acción que resolveu cun disparo alto. Corría o minuto 36.De novo o futbolista surcoreano intentouno no minuto seguinte, desta volta cun disparo colocado que marchou rozando o traveseiro da portería de Leo Román.A primeira metade concluíu cun disparo moi alto de Hjulmand e con murmurios na bancada polo dominio territorial do Dépor en moitos momentos.Tras o paso polos vestiarios, o Atlético adiantouse na primeira xogada grazas a Julián Álvarez, que empurrou á rede un pase raso en profundidade desde a banda esquerda de Grimaldo ao corazón da área pequena.Con moi pouco púxose por diante no marcador o equipo do Cholo Simeone.Respondeu Bil no minuto 54 tras un roubo de balón de Mario Soriano. O disparo cruzado do camerunés detívoo Oblak, un dos destacados do partido.Na outra área, Álex Baena disparou raso desde fóra ás mans de Leo Román.Antonio Hidalgo comeza a mover o banco: Luismi e Adama entran ao campo por Villares e Mella.Giuliano Simeone, no minuto 59, remata raso e desviado tras unha frenética contra rojiblanca.Pouco a pouco, o Dépor foi quen de frear este pulo local e volver controlar o balón.Leo Román mantivo no partido a Os Nosos ao gañar un man a man decisivo a Álex Baena no minuto 70; e ao deter no minuto 81 un remate de cabeza de Giuliano Simeone chegando desde atrás.O partido morreu na área do Atlético de Madrid.Kevin Sánchez, que substituíra a Bil no minuto 80, primeiro enganchou unha volea que marchou fóra por pouco; e no último suspiro, no segundo pau tras un centro de Adama, con case toda a portería libre, rematou ao corpo de Oblak, que xa estaba vencido no céspede.Foi a gran ocasión do partido para, polo menos, levar un punto máis que merecido."Tiñamos que seguir vivos ata o final. Tivemos as 2 ocasións de Kevin. A última, moi clara. Contra este tipo de equipos temos que ser conscientes da dificultade que ten sumar e hoxe era un día para facelo", concluíu Antonio Hidalgo.Atlético de Madrid: Oblak, Kang in (Sorloth, min. 68), Barrios (Simeone, min. 46), Álex Baena, Lookman (Le Normand, min. 46), Llorente, Hancko, Marc Pubill, Julián Álvarez, Grimaldo e Hjulmand (Mendoza, min. 80)Deportivo: Leo Romá, Altimira, Giménez, Loureiro, Quagliata (Asp Jensen, min. 80), Amatucci (Riki, min. 84), Villares (Luismi, min. 58), Mario Soriano, Mella (Adama, min. 58), Yeremay e Bil (Kevin, min. 80)Árbitro: José María Sánchez, do comité murciano. Amoestou a Marc Pubill (min. 26), Yeremay (min. 75), Quagliata (min. 79), Sorloth (min. 85), Álex Baena (min. 86), Giuliano Simeone (min. 87) e Álvaro Ferllo (tras o asubío final)Goles: 1-0 Julián Álvarez (min. 48)Incidencias: partido disputado no Estadio Riyadh Air Metropolitano

Viaxe de regreso esta noite de Os Nosos e próximo adestrament...

Resultados deste sábado en ANOSACANTEIRA feminina; e calendar...

Resultados deste sábado 24 en ANOSACANTEIRA, con derrota do F...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes abren est...

Dolorosa derrota ante o CD Extremadura dun Fabril que «non es...

Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17...