
DÉPOR ABANCA B · 25 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B SUPERA POR 4-1 AO MADRID CFF B E MANTENSE EN SOLITARIO Á FRONTE DA SEGUNDA FEDERACIÓN
O Dépor ABANCA B venceu por 4-1 o Madrid CFF B no campo Arsenio Iglesias, en partido correspondente á 7ª xornada de Segunda Federación.Adiantáronse as madrileñas aos 11 minutos, pero as branquiazuis déronlle a volta ao marcador cos goles de Antía Mayo -2-, Sara Barreda e Karla.O técnico Aitor puido contar con futbolistas na dinámica do primeiro equipo como Carmen, Karla (na foto da noticia), Paula Hernández e Carla Casti, sen minutos esta fin de semana na Liga F.Pola contra, non estivo Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 no Campionato do Mundo.Con este resultado, As Nosas suman 18 puntos á fronte da clasificación de Segunda Federación.Deportivo ABANCA B: Yaiza García, Sara Barreda (Carmen, min. 84), Sara Cercido (Laura Ruiz, min. 46), Marta Rico (Noe Mayo, min. 68), Jenny Corros, Sonsoles (Aitana, min. 68), Antía Mayo, Paula Hernández, Valbuena, Karla e Carla CastiO vindeiro domingo 1 de novembro, o Deportivo ABANCA B xoga de novo no campo Arsenio Iglesias, desta volta ás 17:00 ante o Real Avilés Industrial.Os resultados ata a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:Fundación Rayo Vallecano 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Marta Rico, Elsa Ayats, Sara Cercido, Jenny Corros e Valbuena)SD Eibar B 2 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - Real Racing Club 0CD Arratia 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Antía Mayo, Jenny Corros e unha futbolista rival en propia meta)Deportivo ABANCA B 3 (Paula Hernández -2- e Antía Mayo) - CD Filial de Fundación Atlético Osasuna 0As Celtas 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Antía Mayo -2-, Valbuena -2- e Karla)Deportivo ABANCA B 4 (Antía Mayo -2-, Sara Barreda e Karla) - Madrid CFF B 1

Antía Veiga estréase como titular no Mundial cun triunfo ante...

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina, este domingo 25 co regr...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 25...

As Nosas adéstranse de novo o mércores 28 de outubro ás 11:00...

Primeira vitoria na casa do Dépor ABANCA, segunda consecutiva...

Antonio Hidalgo: "Estamos competindo contra todo o mundo e is...