RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor, "con todo o mundo preparado para participar", arrinca o último mes de liga este venres 1 de maio ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o CD Leganés

DÉPOR · 30 ABRIL 2026

O DÉPOR, "CON TODO O MUNDO PREPARADO PARA PARTICIPAR", ARRINCA O ÚLTIMO MES DE LIGA ESTE VENRES 1 DE MAIO ÁS 18:30 EN ABANCA-RIAZOR ANTE O CD LEGANÉS

O Dépor arrinca a recta final de LaLiga Hypermotion, co primeiro dos cinco últimos partidos, ante o CD Leganés este venres 1 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).Os resultados da última xornada, co empate en Burgos, deixaron a Os Nosos na 3ª posición da táboa con 65 puntos, por detrás da UD Almería (67 puntos) e Real Racing Club (69 puntos).Toda a plantilla está á disposición do corpo técnico agás David Mella, con traballo personalizado.Antonio Hidalgo admitiu que Ximo Navarro "o outro día notou unha sobrecarga ao final do partido. Foi evolucionando. Estivémolo coidando durante a semana. Onte adestrou con normalidade". "Falamos con el e transmítenos que está perfectamente. Ten unha idade e un percorrido, coñécese perfectamente. Chega o momento final do ano, temos que ir con esa cautela coas cargas", engadiu.Conclúe que "todo o mundo está preparado para participar".Os Nosos realizaron este xoves 30 de abril a última sesión de adestramento no Dépor Training Center.Tras unha activación, os futbolistas pasaron a unha tarefa de finalizacións, un exercicio táctico e fútbol reducido.Antonio Hidalgo pide "elevar a nosa contundencia ofensiva, seguir incidindo nesa tarefa defensiva na que estamos a un bo nivel. Para gañar partidos temos que facer goles, tomar esas boas decisións no último terzo. Niso estamos a incidir".Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Do dianteiro camerunés, que tamén marcou en El Plantío a pasada fin de semana, Antonio Hidalgo manifestou que "foi medrando moitísimo. No proceso de ir introducíndoo en canto a minutos fomos progresivamente e el deunos esas solucións a última liña sen balón. Ademais está facendo goles. É unha aparición boísima, da canteira, con sentimento, pertenza... Dános moita enerxía e estou moi contento por el".

20260430_calendariomayo.png

Pola súa banda, o CD Leganés, que a pasada fin de semana caeu (0-4) co FC Andorra, é 16º con 42 puntos.O seu técnico, Ígor Oca, admitiu que ese resultado "fixo dano, enfrontámolo, non nos escondemos, asumimos responsabilidades".No partido da primeira volta disputado o 31 de agosto en Butarque houbo empate (2-2), con goles deportivistas de Mulattieri e Yeremay.Lonxe do seu campo esta tempada o CD Leganés gañou ao Granada CF (0-2), FC Andorra (1-2), AD Ceuta FC (1-2) e Albacete Balompié (1-3); empatou coa SD Huesca (1-1), Cultural Leonesa (0-0), CD Mirandés (0-0), SD Eibar (0-0), Real Racing Club (1-1), Sporting de Gijón (0-0) e Málaga CF (0-0); e caeu coa Real Sociedad B (2-1), Real Zaragoza (3-2), CD Castellón (2-0), Burgos CF (2-1), Córdoba CF (2-1), Real Valladolid CF (3-2), UD Almería (2-1) e UD Las Palmas (2-0).Cun ABANCA-RIAZOR a rebordar, o adestrador pepinero opina que o seu equipo "se comporta ben neste tipo de situacións".Finalizado o encontro, Os Nosos adestraranse de novo o sábado 2 de maio ás 10:30 no Dépor Training Center.

  • 20260430_joseangel.jpg
  • 20260430_yeremay.jpg
  • 20260430_german.jpg
  • 20260430_arnau.jpg
  • 20260430_villares.jpg