RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a categoría xa está salvada; pero non hai que relaxarse e hai que seguir competindo"

DÉPOR ABANCA · 29 ABRIL 2026

ESPE PIZARRO: "PODEMOS XOGAR CON ESA TRANQUILIDADE DE QUE A CATEGORÍA XA ESTÁ SALVADA; PERO NON HAI QUE RELAXARSE E HAI QUE SEGUIR COMPETINDO"

Espe Pizarro recolleu este mediodía o Premio Estrella Galicia á mellor xogadora do mes de marzo, xa que non puido facelo no seu día con Adrià Altimira por estar concentrada coa súa selección nacional.A internacional uruguaia admite que "estes meses son máis complicados, sobre todo cando logras a permanencia e manterte no nivel competitivo no que estabas; pero queremos facelo o mellor posible e marcharnos cunha segunda parte moi boa. Así que estamos todo o mundo con ganas deste treito final".Sobre a Real Sociedad, rival este domingo 3 de maio ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR (Dazn e RTVE Play), pensa que "nós competimos mellor cando o equipo é máis top. Lonxe de desmotivarme creo que o imos facer ben, imos competirlles e un equipo desta categoría vainos vir ben para o noso xogo".A atacante deportivista, sobre os resultados negativos ante rivais da zona baixa, pensa que "fannos dano con moi pouco. Iso decanta os partidos. Un detalle cae para un lado ou para outro".A piques de concluír a súa primeira temporada no Dépor ABANCA afirma que "a primeira volta foi a contrapé. Foi duro non poder estar co equipo na primeira volta pero na segunda foi moi boa a miña achega ao equipo. Nunca é doado chegar a un equipo, adaptarse rápido e darlle os números que lle puiden dar. Aínda podo dar máis", conclúe.Finalmente, nesta liña, Espe Pizarro subliña que nesta recta final, con todo decidido, "podes ter tranquilidade pero non relax. Se te relaxas de máis vanseche os últimos partidos e quedas en posicións nas que non nos gustaría vernos porque non é o mesmo salvarte quedando un posto fóra que subindo un de onde estamos".Así pois, "podemos xogar con esa tranquilidade de que a categoría xa está salvada pero non hai que relaxarse e hai que seguir competindo", conclúe a dianteira do Dépor ABANCA.