
DÉPOR · 28 ABRIL 2026
O DÉPOR AFRONTA A RECTA FINAL DE LALIGA HYPERMOTION CON SÓ DAVID MELLA Á MARXE DO GRUPO
O Dépor completou este martes 28 de abril unha nova sesión de adestramento entre os campos 2 e 3 do Dépor Training Center.Os Nosos encaran os últimos 5 partidos de liga, o primeiro deles este venres 1 de maio ás 18:30 (retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o CD Leganés en ABANCA-RIAZOR, con todo o cadro sobre a herba agás David Mella, que continúa co seu plan específico de readaptación.A dispoñibilidade de todos os futbolistas permítelle a Antonio Hidalgo manter a competitividade interna, xestionar mellor as cargas físicas e dispor de máis alternativas tácticas en momentos decisivos.
O corpo técnico dispuxo, tras unha activación, unha serie de carreiras, un xogo de posición e un partido a tres cuartas partes de campo.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este mércores 29 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes...

O Dépor recibe ao FC Andorra o domingo 17 de maio ás 14:00 ho...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...
