RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un como unha final"

DÉPOR · 29 ABRIL 2026

ADRIÀ ALTIMIRA PIDE AFRONTAR OS ÚLTIMOS 5 PARTIDOS "CADA UN COMO UNHA FINAL"

Adrià Altimira lembrou na sala de prensa do Dépor Training Center que "quedan 5 partidos moi importantes. Xogámonolo todo. E empezamos este venres ante o CD Leganés", ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR.O lateral deportivista admite que a visita do conxunto madrileño é especial: "O ano pasado vivín un ano moi bonito en Primera División. É verdade que acabamos como non queriamos. Fixemos moitas cousas moi boas. Estou con moitas ganas de afrontar o partido".Vaticina un encontro "moi difícil" e asegura que "é importante terlle respecto porque hai xogadores con moito nivel, que o ano pasado estiveron disputando partidos en Primera División, que iso non llo regalan a ninguén. É verdade que veñen cunha dinámica non moi boa. En calquera momento poden ser un equipo moi perigoso. Ten xogadores cun nivel moi alto e hai que estar atentos".Altimira opina que o feito de que ABANCA-RIAZOR presente unha gran entrada posto que xa non hai entradas de público "é moi positivo, é un plus para nós. A calquera equipo que vexa iso vailles crear moitas dúbidas. A nós vainos axudar un montón. Vai ser un xogador máis. Ata o final de tempada hai que aproveitar isto, tanto en ABANCA-RIAZOR, no que o ambiente é incrible, como fóra, que se está desprazando moita xente. É moi importante porque imos vivir momentos complicados e nos momentos bos estar aí xuntos".En pleno vaivén de emocións, o futbolista blanquiazul insiste en "ir sumando, e se é de 3 moito mellor; e estar aí preto. Xa se ve que está todo moi xunto".Cre que "quedan moitos puntos pero é verdade que 5 partidos pasan rápido. Hai que afrontalos cada un como unha final. Se facemos as cousas ben, nalgún momento verémonos noutra situación".Subliña que "hai que manter a calma" e fixarse "no próximo obxectivo que é o CD Leganés. Hai que ir a morte".Finalmente, do penalti sinalado o pasado sábado en El Plantío que supuxo o empate do Burgos CF apunta que "o árbitro non pita nada e pensamos que non hai nada. Chámano e pita penalti. Son cousas nas que non hai que centrarse moito. Hai que centrarse no que podemos controlar. Do demais xa se ocuparán outras persoas".