
FUNDACIÓN · 29 ABRIL 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN DESTINA O BRAZALETE SOLIDARIO DO MES DE MAIO ÁS PERSOAS AFECTADAS POLA EPILEPSIA
A iniciativa Brazaletes Solidarios impulsada pola RC Deportivo Fundación latexa cun propósito moi especial: dar visibilidade, apoio e esperanza a todas as persoas afectadas pola epilepsia.Da man da Asociación Coruñesa de Epilepsia, unimos forzas para lembrar que detrás de cada diagnóstico hai historias de valentía, superación e vida.O obxectivo é tender pontes de comprensión, romper estigmas e acompañar a quen convive con esta realidade cada día.O fútbol é solidariedade, comunidade e compromiso. E xuntos, como unha gran familia, podemos facer que cada xesto conte.Este maio, as capitás e os capitáns do primeiro equipo masculino e feminino levan moito máis ca un brazalete: levan conciencia, empatía e apoio.O proxecto Brazaletes Solidarios é unha iniciativa innovadora e cun alto valor social, deseñada pola RC Deportivo Fundación para dar visibilidade a distintas causas solidarias ao longo dos 10 meses de competición da temporada.No mes de outubro o brazalete solidario estivo dedicado á saúde mental a través de FEAFES (Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia); o de novembro, á infancia con Dignidade Galicia; o de decembro, á discapacidade a través de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade); o de xaneiro, á educación coa ONG EDUCO; o de febreiro, á loita contra o cancro coa Asociación Española contra o Cancro; o de marzo, ao Día Internacional da Muller e ao Día Internacional contra o Racismo coa Fundación Vicente Ferrer; e o de abril, ás persoas con síndrome de Asperger e ás súas familias, en colaboración coa Asociación Galega de Asperger (ASPERGA).


Antía Veiga, convertida nun pilar da selección española sub-1...

Paula Gutiérrez: "Podemos escalar posicións e o equipo está c...

Nsongo Bil insiste tras recoller o Premio Estrella en "tentar...

O Dépor acelera a preparación do partido ante o FC Andorra ap...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...

Nsongo Bil e Paula Gutiérrez recibiron o Premio Estrella Gali...