
DÉPOR · 30 ABRIL 2026
ANTONIO HIDALGO PRESUME DE "UN GRAN CADRO, MOI COMPROMETIDO" E ELOXIA AOS FUTBOLISTAS CON MENOS MINUTOS
Antonio Hidalgo lembrou na sala de prensa do Dépor Training Center que "chega o final, os momentos decisivos, as últimas 5 xornadas, momentos que queremos vivir todos cando comezou a tempada. Isto vai de sumar de 3".O técnico deportivista asegurou que "imos poñer o mellor equipo posible independentemente dos apercibidos (de suspensión) que teñamos" e lembra que "todo o mundo está preparado para participar en calquera momento. Demostrouno o cadro. Teño un gran cadro, moi comprometido; sobre todo a xente con menos minutos, que non é doado. Hai que louvar ese punto de competitividade que lle dá ao adestramento. Estou moi contento con iso".Do CD Leganés, rival este venres 1 de maio ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), opina que ten "moitísimo talento, de mediocampo cara adiante especialmente, con xogadores diferenciais, con bo un contra un. Asócianse ben, teñen último pase, gol..."Advirte que "imos ter que estar moi axustados nos nosos momentos sen balón, en situacións de superioridade que eles crean. Prantexanche diferentes estruturas. É un equipo confeccionado para estar na parte alta pero atopouse con outra realidade. E iso en Segunda División é complicado de asimilar ás veces".Finalmente Antonio Hidalgo insiste en "seguir vivos, preto do obxectivo sempre, loitando por el, vivíndoo nesas situacións que che dean a posibilidade de conseguilo en calquera momento. Niso está o equipo, nesas posicións que che dan dereito a loitar por todo".

Dépor Dixital 2026 convértese nun punto de encontro entre dep...

O Dépor, "con todo o mundo preparado para participar", arrinc...

Os cadetes Raúl Lema e Iago Varela, convocados para uns adest...

Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...