RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A 53 edición da Copa Teide nunha nova semana de pretemporada do Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 11 AGOSTO 2025

A 53 EDICIÓN DA COPA TEIDE NUNHA NOVA SEMANA DE PRETEMPORADA DO DÉPOR ABANCA

A 53 edición da Copa Teide é o partido fixado para esta nova semana de pretemporada para o Dépor ABANCA.O encontro xogarase no Estadio Los Cuartos de La Orotava ante o Costa Adeje Tenerife de Liga F o sábado 16 de agosto ás 21:00 (hora galega, 20:00 hora local).Ainhoa Marín, finalizado o Trofeo Teresa Herrera, mostrouse "moi contenta" coas novas incorporacións: "Todas nos dan un punto de mellora respecto ao ano pasado. Era o que se necesitaba. De verdade que estou ilusionada co que vai vir. Espero que podamos dar moitas alegrías nesta temporada que vén".Fran Alonso dispuxo 4 sesións matinais de adestramento na Cidade Deportiva desde este martes 12 de agosto.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Luns 11 de agostoDescansoMartes 12 de agosto10:30 h.Mércores 13 de agosto10:30 h.Xoves 14 de agosto10:30 h.Venres 15 de agosto10:30 h.Sábado 16 de agosto21:00 (hora galega, 20:00 hora local): Costa Adeje Tenerife - Deportivo en Los Cuartos de La Orotava