RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Segunda semana do DéporCampus Cabreiroá 2025 con 500 nenos e nenas entre Abegondo, Caranza, Cee, Colexio Internacional de Eirís e Santa María del Mar

DÉPOR · 30 XUÑO 2025

SEGUNDA SEMANA DO DÉPORCAMPUS CABREIROÁ 2025 CON 500 NENOS E NENAS ENTRE ABEGONDO, CARANZA, CEE, COLEXIO INTERNACIONAL DE EIRÍS E SANTA MARÍA DEL MAR

Este luns 30 de xuño arrincou a segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social da Fundación RC Deportivo.Así, fronte aos 380 da primeira semana, estes 5 días 500 nenos e nenas gozarán do fútbol, o deporte e o compañeirismo repartidos entre a segunda quenda de Abegondo (foto principal da noticia) e a primeira de Caranza; ademais de Cee, que este luns recibiu a visita da Alcaldesa Margarita Lamela; Colexio Internacional de Eirís; e Colexio Santa María del Mar.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en , onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Últimas horas de inscrición este martes 1 de xullo en varias sedesMañá martes 1 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo de inscrición para as sedes de Marín, Ourense, Monforte e segunda quenda de Caranza; contando con que as sedes de Abegondo e Santa Comba están xa esgotadas.

Precisamente os interesados en quendas que estean esgotadas poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a [email protected] cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nas que está interesado.