
ORZÁN SD · 1 MAIO 2026
TRIUNFO DO ORZÁN SD XUVENIL PARA DEIXAR CASE AMARRADA A PERMANENCIA E CALENDARIO DA FIN DE SEMANA, CON CITA ESTE SÁBADO 2 PARA O ORZÁN SD CADETE E O INFANTIL B
Coa liga concluída para o Dépor ABANCA B en Segunda Federación e o Orzán SD Sub-21 en Tercera, e co obxectivo da permanencia acadado por ambos equipos, o partido do Orzán SD Xuvenil ante o SR Calo deste venres 1 de maio no Dépor Training Center abre o calendario de partidos en ANOSACANTEIRA feminina.As orzanistas gañaron 7-2, suman 23 puntos e deixan encarrilada a permanencia en Primera Autonómica.Para este sábado 2 de maio quedan outros dous partidos: o Orzán SD Cadete recibe na Torre (12:00) ao Racing de Ferrol e o Orzán SD Infantil B visita o EFF Rosalía (16:00) en Oira, en choque da Fase Plata da Liga Galega.Finalmente, o domingo 3 de maio xogaráse 1 partido con representación deportivista.Na Fase polo Título da Liga Galega, o Orzán SD Infantil A mídese ao Alondras CF, ás 12:15 na Torre.A boa nova tivo como protagonista en ANOSACANTEIRA Antía Veiga, citada pola selección española sub-17 para disputar o Campionato de Europa, do 2 ao 17 de maio en Irlanda del Norte.A canteirá deportivista concentrouse o pasado martes 28 de abril na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) ata este sábado 2 de maio, día no que as internacionais sub-17 porán rumbo a Belfast.O calendario de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Segunda FederaciónClasificación final: ... 9. Bizkerre Club, 30 puntos; 10. Deportivo ABANCA B, 28 puntos; 11. Madrid CFF B, 27 puntos...Tercera FederaciónClasificación final: ... 8. Tomiño FC Femenino, 28 puntos; 9. Orzán SD Sub-21, 27 puntos; 10. SD O Val, 14 puntos...Primera Autonómica27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 7 (Azucena Fidalgo, Daniela Barbanzán, Valentina Fernández, Martina Vázquez, Marta Moreno -2- e Mishell Calviño) - SR CALO 2Clasificación: ... 12. UD Carral, 24 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil (un partido máis), 23 puntos; 14. SCD Pastoriza e Sporting Burgo, 13 puntos...Liga Galega cadete25ª xornada: ORZÁN SD CADETE - RACING DE FERROL, o sábado 2 de maio ás 12:00 na Torre (campo 2)Clasificación: 1. Victoria CF, 61 puntos; 2. SCD Milagrosa, 60 puntos; 3. Orzán SD Cadete, 59 puntos; 4. Racing de Ferrol, 51 puntos...Liga Galega infantil5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - ALONDRAS CF, o domingo 3 de maio ás 12:15 na Torre (campo 1)Clasificación da Fase polo Título: 1. As Celtas, 10 puntos; 2. Racing de Ferrol, 9 puntos; 3. Orzán SD Infantil A, 8 puntos; 4. UD Mos, 7 puntos... 7. Alondras CF, 1 punto...5ª xornada: EFF ROSALÍA - ORZÁN SD INFANTIL B, o sábado 2 de maio ás 16:00 en Oira (Ourense)Clasificación da Fase Plata: 1. Victoria CF e Lóstrego CF, 12 puntos; 3. Bergantiños, EFF Sonnoia Portus Apostoli e Orzán SD Infantil B, 6 puntos; 6. Silva SD e EFF Rosalía, 3 puntos...

O Orzán SD Xuvenil abre este venres 1 de maio no Dépor Traini...

Resultados deste xoves, con triunfos do Alevín de fútbol 11 e...

Listado de participantes na Grada Solidaria do Dépor - CD Leg...

As billeteiras do Palacio dos Deportes de Riazor abren este v...

Actividades e gran ambiente nos arredores de ABANCA-RIAZOR du...

Antonio Hidalgo presume de "un gran cadro, moi comprometido" ...