RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A internacional ucraína Vika incorpórase ao Dépor ABANCA

A xogadora internacional ucraína Viktoriia Hiryn coñecida futbolísticamente como Vika (Novoukrainka, Volynska, Ucraína, 24 de novembro de 2000) incorpórase hoxe ao Dépor ABANCA até final de temporada após ter que deixar o seu país pola invasión militar sufrida.

A extremo é ambidestra e militaba no Ladomyr Volyn da súa rexión natal, desde onde chegou á Coruña onte á noite antes de coñecer ás súas novas compañeiras esta mañá na previa do partido en Abegondo ante o CDE Racing Féminas. Ademais de xogar na selección do seu país, dirixida polo español Lluis Cortés, tamén xogaba até hai pouco tempo a fútbol sala antes de centrar a súa carreira no fútbol 11, unha carreira e vida persoal que poderá seguir desenvolvendo nos próximos meses na nosa cidade xunto ao resto de #asnosas.