31/01/2013 22:55 |
Saul e Bodipo resciden o seu contrato co Deportivo
Saul e Bodipo rescindiron esta noite o seu contrato co Deportivo.
O Real Club Deportivo sumó hoxe martes 109 novos socios, deles 27 novas altas. Agora mesmo o Club conta con 19.815 socios (deles 1.906 novas altas), cando nin sequera arrancó a pretemporada o equipo. Entre os novos abonados está Thiago Bodipo Acosta, fillo do dianteiro branquiazul Rodolfo Bodipo, nacido onte en Sevilla.
A petición de numerosos abonados que cobran o mes despois do día 10, o Club acordou ampliar o prazo dos prezos especiais ata o próximo 16 de xullo, data a partir da que aumentará o prezo dos carnés para a tempada 2012-13.
Tamén se lembra aos socios que ocupan as localidades esgotadas para altas (Maratón Inferior, Preferencia Inferior, Preferencia Inferior Lateral, Pavillón Inferior e Pavillón Superior) que, a partir do día 17 de xullo, o Deportivo disporá dos que non renovasen para a 2012-13, salvo que o socio solicitase do Club, por escrito, que se lle reserve ata unha data en base a razóns que debe indicar, aplicándoselle o prezo do abono que estea establecido no momento no que faga efectivo o pago.
Trátase de evitar que abonados da pasada tempada, que non pensan en renovar para a 2012-13, impidan que se poidan dar de alta persoas que desexen ocupar as localidades máis económicas.
Os prezos que rexerán son os seguintes:
Ata o día 16 de xullo de 2012:
Tribuna Superior: 590 euros. Sub-25: 279 euros
Tribuna Inferior: 542 euros. Sub-25: 267 euros
Tribuna Dianteira: 505 euros. Sub-25: 238 euros
Preferencia Superior: 499 euros. Sub-25: 234 euros
Preferencia Inferior: 250 euros. Sub-25: 169 euros
Preferencia Inferior Lateral: 208 euros
Pavillón Superior: 250 euros. Sub-25: 169 euros
Pavillón Inferior: 176 euros. Sub-25: 85 euros
Maratón Superior: 360 euros. Sub-25: 200 euros
Maratón Inferior: 208 euros
Xubilados: 172 euros
Parados: 132 euros
Socio Amigo: 50 euros
A partir do día 17 de xullo:
Tribuna Superior: 620 euros. Sub-25: 295 euros
Abono Días do Club: 30 €. Sub-25: 15 €
Tribuna Inferior: 570 euros. Sub-25: 280 euros
Abono Días do Club: 28 €. Sub-25: 14 €
Tribuna Dianteira: 530 euros. Sub-25: 270 euros
Abono Días do Club: 26 €. Sub-25: 13 €
Preferencia Superior: 525 euros. Sub-25: 245 euros
Abono Días do Club: 26 €. Sub-25: 13 €
Preferencia Inferior: 265 euros. Sub-25: 180 euros
Abono Días do Club: 22 €. Sub-25: 11 €
Preferencia Inferior Lateral: 220 euros
Abono Días do Club: 20 €
Pavillón Superior: 265 euros. Sub-25: 180 euros
Abono Días do Club: 22 €. Sub-25: 11 €
Pavillón Inferior: 185 euros. Sub-25: 100 euros
Abono Días do Club: 18 €. Sub-25: 9 €
Maratón Superior: 380 euros. Sub-25: 210 euros
Abono Días do Club: 24 €. Sub-25: 12 €
Maratón Inferior: 220 euros
Abono Días do Club: 20 €
Xubilados: 180 euros
Abono Días do Club: 18 €
Parados: 140 euros
Abono Días do Club: 18 €
Socio Amigo: 52 euros
A partir do día 17 de xullo, ademais dos prezos que se indican para o carné anual, tamén se terán que abonar tres “ Días do Club”, ben retirando o “ABONO DIAS DO CLUB”, cuxos prezos che acompañamos e como poderás observar son moi económicos, ou ben facendo efectivo en despachos de billetes, coa anterioridade que se marque aos partidos que se designe, a cantidade dun terzo do importe que abone, cada “Día do Club”, o publico na súa localidade".